Adopción

Última actualización - 19/10/2023

19/10/2023

Correción de textos

A finalidade deste programa é proporcionar ás nenas, nenos e adolescentes en situación legal de seren adoptados, unha familia que satisfaga as súas necesidades afectivas, socioeducativas e de desenvolvemento persoal, facendo prevalecer o interese das nenas e nenos sobre calquera outros.

A adopción é unha medida de protección dirixida á persoa menor de idade en situación de desamparo, consistente na integración definitiva desta, nunha familia distinta á súa familia de orixe.

As familias adoptantes son, previamente, valoradas polos equipos técnicos de adopción co fin de seleccionar a mellor familia para a persoa menor.

A garda con fins de adopción, regulada no artigo 176 bis do Código Civil, permite que poida iniciarse a convivencia provisional entre a persoa menor de idade e as persoas consideradas idóneas para a adopción, con anterioridade á presentación da proposta de adopción pola entidade pública competente e co fin de evitar que teña que permanecer durante ese tempo nun centro de protección ou con outra familia.

Máis información: