Permiso de convivencia

O permiso de convivencia configúrase como unha situación transitoria e excepcional, se ben debe estar en calquera caso formalizado na correspondente resolución administrativa pola Xefatura Territorial da Consellería.

Pode empregarse como paso preliminar á formalización dun acollemento en familia extensa ou á reunificación familiar.

O período de convivencia terá unha duración máxima de 2 meses prorrogable, por causa xustificada e excepcional, ata un máximo de 4 meses. Este prazo poderá estenderse unicamente debido á falta de informes preceptivos (médico, social, policial) previa autorización do Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.