Inicio > Recursos > Planes y programas > Formación SIUSS-1º semestre -2017

Formación SIUSS-1º semestre -2017

FORMACIÓN PRESENCIAL DE SIUSS - 2017

Dentro do plan de formación de servizos sociais comunitarios que promove o Ministerio de sanidade, servizos sociais e igualdade, van realizarse 2 xornadas formativas sobre SIUSS,  de 5 horas de duración, neste 1º semestre do ano.

A 1ª xornada estará destinada a traballar sobre a conceptualización para a mellora da calidade de cobertura de datos  e optimización da ferramenta SIUSS, rexistro de calidade da demanda, valoración e recursos,  así como ao coñecemento da actualización do 4º nivel e a recoller as necesidades do alumnado no que á cobertura de SIUSSGAL se refira.

A 2ª xornada estará destinada a traballar sobre as últimas actualizacións de SIUSS e a explotación estatística da ferramenta, así como a optimización da aplicación.

Esta formación presencial de SIUSS- 2017,  que se xestiona dende a Consellería de Política Social está destinada a todos as/os profesionais do equipo técnico de servizos sociais municipais.

Realizarase na aula de informática da Consellería de Política Social en San Lázaro - Santiago de Compostela.

Para a inscrición é preciso enviar a solicitude debidamente cuberta a: soporte.siuss.ctb@xunta.es

Prazo de remate de solicitude: 12 de maio de 2017.

XORNADAS SIUSS

· Xornadas sobre a cobertura de SIUSS – Conceptualización.

Rexistro de datos de calidade- demanda - valoración e recursos. Conceptos clave, análise e necesidades do actual 4º nivel:

Data: 30 de maio de 2017, en horario de 9:30 a 14:30.

 

· Xornada sobre as últimas actualizacións de SIUSS e a explotación estatística da ferramenta, así como a optimización da aplicación.

Data: 1 de Xuño de 2017, en horario de 9:30 a 14:30.

Prazo de solicitude:   12 de maio de 2017

Información: As solicitudes poden facerse por unha xornada de cada modalidade.

As persoas que solicitan xornadas das dúas modalidades deben poñer a data por orde de preferencia.

Para a selección das accións formativas, terá prioridade a persoa solicitante que non teña realizada ningunha outra xornada do mesmo plan no ano anterior.

Documentos relacionados