Noticia

La Xunta reitera la necesidad de dar visibilidad a las necesidades de la salud femenina para garantizar su bienestar


Mañón (A Coruña), 7 de junio de 2025

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá no acto con motivo do Día da Acción pola Saúde das Mulleres no concello de Mañón, onde destacou a importancia de seguir dando visibilidade ás necesidades específicas das mulleres para garantir o seu benestar.

Durante o acto, abordáronse temas relacionados coa menopausia, a endometrose e a perspectiva de xénero no ámbito sanitario. María Quintiana subliñou que é fundamental visibilizar estas cuestións, que forman parte do día a día das mulleres e afectan directamente á súa calidade de vida.