Axentes do sistema de protección

O principal axente da protección a “menores” é o propia persoa menor de idade, pola súa dobre dimensión de suxeito e obxecto de protección (ver punto 3.1 desta guía).

  • Como obxecto de protección, a infancia e a adolescencia como colectivo son unha responsabilidade pública e colectiva e toda canta actuación se acometa deberá ser no seu interese e, ademais, deberá ser axeitadamente informada das medidas que pretendan adoptarse para a súa protección.
  • Como suxeito da actuación, a persoa menor de idade ten dereito a ser oída e expresar a súa opinión e a que se actúe con respecto a ela baixo o principio das tres “p”: protección, provisión e promoción, coa finalidade de garantir e facer efectivos os seus dereitos.

  • A máis importante relación do neno, nena e adolescente adoita ser coa/s súa/s nai/s e/ou co/s seu/s pai/s (ou, para o seu caso, co/a titor/a), responsables últimos da súa garda e, en ocasións, responsables tamén das súas situacións de risco ou abandono.
  • Por tal motivo, a protección á persoa menor de idade ten como primeiro axente interveniente a estas persoas, coa obriga de darlle ós seus fillos e fillas asistencia “de toda orde”, e non só material (ver punto 3.2 desta guía).
  • A partir de aquí chégase por exemplo á parentalidade positiva, entendida como o comportamento das proxenitoras, ou de quen exerza funcións de tutela, garda ou acollemento, fundamentado no interese superior da persona menor de idade e orientado a que a esta medre nunha contorna afectiva e sen violencia que inclúa o dereito para expresar a súa opinión, a participar e ser tomado en conta en todos os asuntos que lles afecten, a educación en dereitos e obrigas, favoreza o desenvolvemento das súas capacidades, ofreza recoñecemento e orientación e permita o seu pleno desenvolvemento en todas as ordes (artigo 26.3.a LOPIVI).

  • A entidade pública encargada da protección ós nenos, nenas ou adolescentes en situación de risco ou desamparo é actualmente a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia (artigo 25.1 D), da cal se pode consultar a súa estructura orgánica en https://ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/organigrama/politica-social-organigrama-gal.pdf.
  • O traballo operativo destes organismos encargados da protección desenvólvese principalmente por medio dos equipos técnicos do “menor” integrados en cadansúa Xefatura Territorial:
    • Con carácter xeral, son unha expresión ou concreción dun principio rector en materia de protección á infancia: a obxectividade, imparcialidade e seguridade xurídica na actuación protectora garantindo o carácter colexiado e interdisciplinario na adopción de medidas (artigo 11.2.h LOPXM)
    • En concreto, teñen as seguintes competencias (artigo 26.2 D):
      • desenvolver os programas preventivos e de intervención que elabore e poña en marcha a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a través da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
      • recibir os casos de persoas menores de idade que se poidan atopar nunha situación de desprotección e investigar e avaliar a súa situación persoal, familiar, educativa e social (en particular, artigos 32.4, 34, 35, 36, 45.2 e seguintes D)
      • elaborar o plan de actuación e elevar á xefatura territorial delegado ou delegada provincial a proposta de actuación máis axeitada (mesmos artigos antes citados)
      • executar o plan de actuación e seguimento das medidas que fosen adoptadas (tamén artigo 57 D, en relación co acollemento familiar)
      • avaliar tecnicamente a idoneidade dos/as solicitantes de acollemento familiar e de adopción, e elevar á xefatura territorial as correspondentes propostas (en particular, artigo 55 e concordantes D)
      • supervisar o bo funcionamento e efectuar o asesoramento técnico ás institucións de atención a persoas menores de idade no seu ámbito de actuación
      • coordinar as actuacións que se vaian desenvolvendo coas persoas e institucións implicadas na problemática das persoas menores de idade atendidas
      • valora-las solicitudes de garda e formula-las propostas de actuación que elevarán á xefatura territorial, propoñendo a garda ou outras medidas de apoio
    • Os informes e as propostas elaborados polos equipos técnicos terán carácter preceptivo e non vinculante (artigo 26.3 e 32.4 D).

ATENCIÓN: Dar e recibir datos, tratar datos, público e privado. Existe unha diferencia fundamental entre as Administracións Públicas e o resto (persoas ou autoridades, especialmente aquelas que pola súa profesión, oficio ou actividade detecten unha situación de risco ou posible desamparo). As Administracións Públicas competentes poden recoller e tratar datos mesmo sen consentimento das persoas interesadas e tamén comunicalas a quen proceda legalmente nos termos do artigo 22 quáter LOPXM, e cumpriendo coa normativa vixente en materia de protección de datos persoais. O resto só poderán tratar sen consentimento da interesada a información que resulte imprescindible para o cumprimento das obrigacións de notificar unha situación de posible risco ou desamparo e coa única finalidade de poñer os devanditos datos en coñecemento das Administracións Públicas competentes ou do Ministerio Fiscal entidad. E durante unha intervención familiar, só as Administracións Públicas competentes, e non as entidades colaboradoras, poderán compartir datos persoais, e para o caso de incumprimento se poden dar as consecuencias administrativas e, se fose o caso, penais, correspondentes.

  • Estes equipos técnicos son diferentes dos equipos de intervención familiar e coa infancia e a adolescencia, especialmente adestrados na detección precoz, valoración e intervención fronte á violencia exercida sobre as persoas menores de idade previstos no artigo 42 LOPIVI.
  • Outro recurso de atención directa que, se ben non están exclusivamente dirixidos á protección á infancia e á adolescencia, resulta especialmente salientables pola súa polivalencia e permiten, por exemplo, a posible detección e/ou actuación inmediata diante de situacións de risco ou maltrato, é a liña de axuda á infancia (116111): é un servizo para todos os nenos e nenas que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, necesiten axuda ou queiran falar sobre os problemas que lles afectan e tamén poden chamar todas aquelas persoas que saiban ou sospeiten que algún neno, nena ou adolescente pode estar a ser maltratado ou que non está a ser correctamente atendido (ver https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/familia-e-infancia/proteccion-da-infancia/o-telefono-da-infancia).
  • E outro recurso de intervención específico son os Puntos de Encontro Familiar, regulados polo Decreto 96/2014, de 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia e xestionados por entidades colaboradoras. Son un equipamento social, de carácter neutral, especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente (Entidade Pública ou xulgado), que ten por obxecto favorecer a relación entre as e as persoas menores de idade e as súas familias cando nunha situación de separación, divorcio, nulidade, tutela ou calquera outro suposto de interrupción da convivencia familiar, o exercicio do dereito de visitas se vexa interrompido ou o seu cumprimento resulte difícil ou conflitivo. Pódense ver máis detalles en https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/familia-e-infancia/orientacion-e-mediacion-familiar/puntos-de-encontro-familiar

ATENCIÓN: Boa praxe en PEF. MANUAL DE BUENAS PRÁCTICAS EN PUNTOS DE ENCUENTRO FAMILIAR recolle unha colaboración da Universidade de A Coruña, de Fundación Meniños e mais do Centro de Terapia Familiar e Intervençao Sistémica de Azores ofrecendo unha visión ampla do marco legal (páxinas 7 a 18) e tamén o labor, boa praxe e conclusíons, publicado en 2021 e presentado en 2022: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/29490

  • Asemade, os servizos especializados de protección á infancia e á adolescencia da Consellería de Política Social, contan con diversos programas e servizos (ver https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/familia-e-infancia/proteccion-da-infancia e https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/familia-e-infancia/proteccion-da-infancia/mais-programas-de-proteccion) :
    • Acollemento familiar
    • Acollemento residencial
    • Adopcións especiais
    • Programa de Integración Familiar
    • Programa de Inserción Sociolaboral Mentor
    • Programa de Atención Ambulatoria
  • Por outra banda, a Consellería de Política Social conta cos seguintes órganos colexiados adscritos a ela relacionados con este ámbito de competencias:
    • A Comisión Interdepartamental de Servizos Sociais e Inclusión Social, creada pola LSSG.
    • O Consello Galego de Benestar, creado pola LSSG.
    • A Comisión Técnica de Accesibilidade e o Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras, creados pola Lei 8/1997, do 20 de agosto, de de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia
    • O Consello Galego da Familia e o Observatorio Galego da Familia e da Infancia, creados pola LFam.
    • O Consello Autonómico da Atención Temperá e a súa Comisión Técnica, creados polo Decreto 183/2013, do 5 de decembro, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.
    • O Consello Galego de Acción Voluntaria e o Observatorio Galego de Acción Voluntaria, creados pola Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria de Galicia
    • O Comité Galego de Políticas de Xuventude, creado pola Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.
    • O Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia e o seu Observatorio da Xuventude, creados pola Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.
    • O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica: Decreto 104/2016, do 28 de xullo, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica.

  • En xeral, a representación do Ministerio Fiscal debe intervir en calquera procedemento no cal sexa se poida afectar a unha persoa menor de idade, conforme ao artigo 3.7 do seu Estatuto Orgánico (Lei 50/1981, de 30 de decembro, pola que se regula o Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal) e, en concreto, encoméndanselle unhas competencias moi amplas e numerosas:
    • Dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe: medidas cautelares e de protección previstas na lei para o caso de difusión de información o utilización de imaxes ou nome dos nenos, nenas ou adolescentes nos medios de comunicación de xeito tal que poidan implicar unha intromisión ilexítima na súa intimidade, honra ou reputación, ou que sexa contraria ós seus intereses, e deberá tamén solicita-las indemnizacións que correspondan polos prexuízos causados (artigo 4.2 e 4 LOPXM).
    • Dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe: coñecer do consentimento dos nenos, nenas e adolescentes ante actos que puidesen supor intromisión ilexítima na súa honra, intimidade e propia imaxe e, se fose o caso, opoñerse a ese consentimento prestado (artigo 3.2 da Lei Orgánica 1/1982, sobre Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe).
    • Dereito á información: accións de cesamento e rectificación de publicidade ilícita (artigo 5.5 LOPXM).
    • Dereito de participación, asociación e reunión: promoción de medidas xurídicas en relación coa pertenza dunha persoa menor de idade ou do/a/s súa/s proxenitora/s a unha asociación que impida ou prexudique ao desenvolvemento integral da persoa menor de idade (artigo 7.2 LOPXM).
    • Dereito a ser oído e escoitado: recibir comunicación sempre que en vía administrativa ou xudicial se denegue a comparecencia ou audiencia das persoas menores de idade (artigo 9.3 LOPXM) e recibir da peresoa menor de idade acollida reclamacións ou queixas sobre as circunstancias do seu acollemento (artigo 21.bis.1.g LOPXM).
    • Dereitos fundamentais: actuar como demandante e ser sempre parte para os casos de vulneración ou descoñecemento dos dereitos fundamentais da persoa menor de idade (en aplicación do artigo 12 da Lei 62/1978, de Protección Xurisdiccional dos Dereitos Fundamentais da Persoa).
    • Medidas para facilitar o exercicio dos dereitos: coñecer directamente do propia persoa menor de idade das situacións que este ou esta consideren atentatorias dos seus dereitos coa finalidade de que aquel promova as accións oportunas (artigo 10.2.b LOPXM) e actuar en defensa das persoas menores de idade (artigo 10.2.e LOPXM).
    • Actuacións de protección. Acollemento: recibir da Entidade Pública informe xustificativo da situación nos casos de acollemento residencial ou acollemento familiar temporal durante un período superior a dous anos, debendo xustificar a Entidade Pública as causas polas que non se adoptou unha medida protectora de carácter máis estable nese intervalo (artigo 12.7 LOPXM).
    • Actuacións de protección. Garda provisional: ter coñecemento, cando sexa necesario, dos feitos motivadores da actuación inmediata precisada por calquera unha persoa menor de idade e prestada polas autoridades e servicios públicos e a asunción da garda provisional (artigos 14 LOPXM e 172.4 CC) e, se logo de practicadas as dilixencias precisas non se formalizou a tutela ou se adoptou outra resolución, promover as accións procedentes para asegurar a adopción da medida de protección máis adecuada por parte da Entidade Pública (mesmo artigo 172.4 CC).
    • Actuacións de protección. Risco e desamparo: recibir comunicación das declaracións de risco e desamparo, con posibilidade de supervisión, podendo recabar a colaboración dos centros escolares e os servizos sociais, sanitarios ou calqueroutros (artigo 12.8 LOPXM).
    • Actuacións de protección. Risco: ter coñecemento do consentimento respecto dos tratamentos médicos necesarios para salvagardar a vida ou integridade física ou psíquica dunha persoa menor de idade se constitúe unha situación de risco para efectos de que se adopte a decisión correspondente en salvagarda do mellor interese da persoa menor de idade (artículo 17.10 LOPXM).
    • Actuacións de protección. Risco prenatal: recibir comunicación das situacións de posible risco prenatal (artigo 12.9 LOPXM).
    • Actuacións de protección. Garda (voluntaria): recibir comunicación das resolucións de garda (artigo 172.bis.2 CC).
    • Actuacións de protección. Desamparo: recibir comunicación da resolución de desamparo (artigo 18.1 LOPXM e 172.1 CC)1
    • Actuacións de protección. Privación de PP e remoción de tutela: promovelas (artigo 172.1 CC).
    • Actuacións de protección. Acollemento familiar: recibir resolución de acollemento e documento anexo (artigos 20.3 LOPXM e 172.ter.1 CC).
    • Actuacións de protección. Acollemento residencial: exercer viaxiancia sobre o acollemento residencial, incluíndo os Proxectos Educativos Individualizados, o Proxecto Educativo do Centro e o Regulamento Interno (artigo 21.5 LOPXM e 55 LOPIVI), recibindo notificación das medidas impostasn por conductas ou actitudes contra a convivencia residencial e das medidas de contención aplicadas (artigos 21.7 e 21.ter.6 e 7, e 28.3 LOPXM) e igualmente das medidas de seguridade (artigo 27.3 LOPXM).
    • Actuacións de protección. Centros de protección específicos de menores con problemas de conducta: solicitar autorización xudicial para o ingreso (artigo 26.1 LOPXM), dar autorización provisional por razóns de urxencia motivadas (artigo 26.3 LOPXM), solicitar o cesamento (artigo 26.5 LOPXM), recibir informes de seguimento trimestrais (artigo 32 LOPXM), e actucións en visitas, permisos e comunicacións (artigos 34 e 35 LOPXM).
    • Actuacións de protección. Cesamento do acollemento: solicitar a remoción da garda en acollemento familiar de xurdir graves problemas de convivencia (artigos 173.3 e 4.b CC).
    • Actuacións de protección. Seguimento das medidas de protección: comprobar, cando menos semestralmente, a situación da persoa menor de idade (artigo 174.2 CC) e podendo recabar informes (artigo 174.4 CC).
    • Actuacións de protección. Índice de tutelas: deberá levar en cada Fiscalía un índice de tutelas (artigo 23 LOPXM).
    • Actuacións de protección. Adopción aberta: propoñela (artigo 178.4 CC).
    • Dereito ás orixes: requerir informes e antecedentes sobre a persoa menor de idade adoptada e a súa familia de orixe (artigo 180.6 CC).
    • Actuacións de protección. Visitas e comunicacións: recibir notificación das resolucións motivadas sobre a suspensión temporal de visitas e comunicacións e, se procede, opoñerse a elas(artigo 161 CC).
    • Actuacións de protección. En xeral: recibir informacións da/s proxenitora/s ou titor/a sobre calquera cambio das circunstancias que deron lugar á declaración de situación de desamparo logo de pasados 2 anos dende a notificación da declaración de desamparo para solicitar ou opoñerse ás decisións ou medidas que se adopten (artigo 172.2 CC) e promover ou recibir notificación da revogación da declaración de desamparo (artigo 172.3 CC).
    • Actuacións de protección. Procedementos xudiciais: deberá actuar de oficio en interese da persoa menor de idade, adoptando e propoñendo as medidas, dilixencias e probas que estime oportunas, suplir a pasividade dos particulares e asesorarlles sobre os seus dereitos e sobre o modo de corrixi-los defectos das súas solicitudes (D.A.3ª LOPXM).
    • Actuacións de protección. Procedementos xudiciais: deberá velar para que, incoado un procedemento sobre reclamación fronte ás resolucións das entidades públicas que xurdan por mor do exercicio da súas funcións en materia de tutela ou de garda, se resolvan no mesmo expediente tódalas accións e incidencias que afecten a un mesma persoa menor de idade e, para tal efecto, deberá promover ante os órganos xurisdiccionais as actuacións oportunas previstas na lexislación procesual (D.F.20ª LOPXM).
    • Actuacións de protección. En xeral: poderá insta-la adopción das medidas previstas no artigo 158 CC (D.F.4ª LOPXM e artigo 174.2 CC).
  • Actuacións en xurisdicción voluntaria: intervirá nos expedientes de xurisdición voluntaria cando estea comprometido o interese dunha persoa menor de idade (artigo 4 da Lei 15/2015, de 2 de xullo, da Xurisdicción Voluntaria), abranguendo:
    • Adopción.
    • Expediente de provisión de medidas xudiciais de apoio a persoas con discapacidade (para menores ou maiores de idade).
    • Tutela, curatela e garda de feito.
    • Concesión xudicial da emancipación e beneficio da maioría de idade.
    • Dereito á honra, á intimidade e á propia imaxen da persoa menor de idade (con ou sen discapacidade).
    • Autorización ou aprobación xudicial para a realización de actos de disposición, gravame ou outros que se refiran aos bens e dereitos de persoas menores yde idade (con ou sen discapacidade).
    • Intervención xudicial en relación coa PP.
  • Outras funcións relacionadas coa PP, coa tutela ordinaria, coas situacións de discapacidade, de violencia de xénero, de estranxeiría, de responsabilidade penal das persoas menores de idade, de sustracción internacional de persoas menores de idade, de separación e divorcio que afecten a persoas menores de idade e de calqueroutra onde se afecten os dereitos dunha persoa menor de idade.
  • Existe na fiscalía unha sección específica de "menores", con actuación nos eidos de reforma e de protección: https://www.fiscal.es/web/fiscal/-/menores.
  • Existe unha colaboración específica entre a Xunta de Galicia e a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para acceso por parte de fiscalía ás bases de datos da Xunta de Galicia no referente á protección á infancia e a adolescencia e á Oficinas de Atención ás Vítimas (OAV).

  • Os xulgados de primeira instancia e os xulgados de familia, onde existan, son os principais órganos xudiciais implicados na protección ás persoas menores de idade.
  • En Galicia a relación de xulgados de familia é a seguinte:
ÓRGANO XUDICIALCOMPETENCIA EXCLUSIVA EN MATERIA DE
CORUÑA, A, 1ª INSTANCIA nº 3
CORUÑA, A, 1ª INSTANCIA nº 10
Familia. Ademais, asumen las competencias relativas á incapacitación (*), tutelas, curatelas e garda de menores ou incapacitadas (*) (Títulos IX y X do Libro I do Código Civil)
CORUÑA, A, 1ª INSTANCIA nº 15Familia. Liquidacións de réxime económico matrimonial, asuntos relativos a medidas de apoio a persoas con discapacidade e internamentos.
FERROL, 1ª INSTANCIA nº 6Familia (Títulos IV y VII do Libro I do Código Civil). Procedementos de liquidación de calquera réxime económico matrimonial.
OURENSE, 1ª INSTANCIA nº 6Familia, capacidade das persoas e protección do menor.
PONTEVEDRA, 1ª INSTANCIA nº 5
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1ª INSTANCIA nº 6
Familia, capacidade das persoas e protección do menor.
VIGO, 1ª INSTANCIA nº 5Familia. Ademais, incapacidades (*), tutelas e internamentos non voluntarios.
VIGO, 1ª INSTANCIA nº 12Familia, liquidación do réxime económico matrimonial. Ademais, incapacidades (*), tutelas e internamentos non voluntarios.
VIGO, 1ª INSTANCIA nº 15Familia, liquidación do réxime económico matrimonial, incapacitación (*), tutelas, curatelas e garda de menores e incapacitados (títulos IX y X do libro I do Código Civil).

(*) Dende o 3 de setembro de 2021, data da entrada en vigor da Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, as referencias á incapacitación deben entenderse feitas ás medidas de apoio para as persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.

  • En xeral, debe actuar acordando cantas medidas sexan mester para o interese da persoa menor de idade (artigo 158 CC) e cantas lle sexan solicitas polo Ministerio Fiscal (artigos 174. 2 CC).
  • En particular, a normativa vixente prevé de forma casuística unha amplísima serie de procedementos específicos:
  • Patria potestade
    • resolver os desacordos existentes entre as proxenitoras no exercicio da PP
    • atribuir total ou parcialmente o exercicio da PP a unha proxenitora en exclusivaes (artigo 156, p. 5 CC)
    • exercer a persoa menor de idade non emancipada a PP sobre os/as seus/súas fillos/as, coa asistencia das súas proxenitoras ou da/s titora/s, para os casos de desacordo ou imposibilidade (artigo 157 CC)
    • acordar a privación total ou parcial da PP (artigo 170 CC)
    • acordar a recuperación da PP (artigo 170 CC)
    • extinción da PP por emancipación ou concesión do beneficio da maior idade por concesión xudicial (artigos 239.3 e 244 CC)
  • Garda
    • acordar a garda por parte da Entidade Pública para os casos en que legalmente proceda (artigo 172.bis.2 CC e 19.1 LOPXM)
    • decidir baixo a garda de cál das proxenitoras quedará a persoa menor de idade se viven separadas e non o decidisen elas por común acordo (artigo 159 CC)
  • Acollemento:
    • acordalo para o caso de oposición dos pais ou titor (artigo 173.3 CC)
    • cesalo (artigo 173.4.a CC)
    • no acollemento familiar permanente, atribución ós acolledores das facultades de tutela que faciliten o desenvolvemento das súas responsabilidades (artigo 173.bis.2.c CC)
    • autorizar e cesar o ingreso nos centros de protección específicos de persoas menores de idade con problemas de conducta (artigo 26.1 e 5 LOPXM, e 778.bis da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil)
  • Adopción
    • constituíla (artigo 176 e ss. CC)
    • declarar a exclusión do adoptante que tivese incorrido en causa de privación da PP das funcións tuitivas e dos dereitos que por lei lle correspondan respecto do adoptado ou adoptada ou os seus descendentes, ou nas súas herdanzas (artigo 179 CC)
    • extinguir a adopción (artigo 180.2 CC)
    • determinar a necesidade de asentimento na adopción (artigos 177.2.2º CC e 781 da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil)
  • Visitas e relacións persoais
    • resolver cando se impedisen sen xusta causa as relacións persoais da persoa menor de idade cos/as seus/súas irmáns/ás, avós/as e outros/as parientes e achegados/as (artigo 160.2 CC)
    • resolver cando se suspendesen temporalmente as visitas e comunicacións pola Entidade Pública por parte de proxenitoras, irmáns/ás, avós/as e outros/as parientes e achegados/as (artigo 161 CC)
    • solicitar a intervención do Punto de Encontro Familiar (artigo 11 do Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia)
  • Recursos: contra as resolucións que aprecien o desamparo e declaren a asunción da tutela por ministerio da lei (artigos 8.4 LDCG e 779 e ss. da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil).
  • Medidas de protección específicas do artigo 158 CC:
    • evitar perturbacións danosas nos casos de cambio de titular da potestade de garda
    • medidas necesarias para evitar a subtracción dos/as fillos/as menores de idade por algun/ha das proxenitoras ou por terceiras persoas
    • ordes de alonxamento e/ou prohibicións de comunicación con respecto a progenitoras, titoras, outros parientes ou terceiras personas
    • suspensión cautelar no exercicio da PP e/ou no exercicio da garda e custodia, a suspensión cautelar do réxime de visitas e comunicacións establecidos en resolución xudicial ou convenio xudicialmente aprobado e, en xeral, as demais disposicións que considere oportunas, a fin de apartar á persoa menor de idade dun perigo ou de evitarlle prexuízos na súa contorna familiar ou fronte a terceiras persoas
  • Outros:
    • entrada en domicilios e restantes lugares para a execución forzosa das medidas de protección á infancia e á adolescencia (artigo 778.bis da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil)
    • medidas relativas á restitución ou retorno de persoas menores de idade nos supostos de sustracción internacional (artigo 778.quáter a sexies da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil)
  • Á parte, en función do procedemento ou do tipo do asunto do cal se trate, poden intervir tamén os Xulgados de “Menores”, os Xulgados de Instrucción, os Xulgados do Penal, as Audiencias Provinciais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou mesmo o Tribunal Supremo, o Tribunal Constitucional ou tribunais internacionais.
  • En particular, os xulgados competentes en violencia de xénero (artigo 544 quinquies do Real Decreto do 14 de setembro de 1882 polo que se aproba a Lei de Axuizamento Criminal) poderán:
    • Suspender a PP dalgunha proxenitora. Neste caso poderá fixar un réxime de visitas ou comunicación en interese da persoa menor de idade e, se fose o caso, as condicións e garantías con que debe desenvolverse.
    • Suspender a tutela, curatela, garda ou acollemento.
    • Establecer un réxime de supervisión do exercicio da PP, tutela ou de calquera outra función tutelar ou de protección ou apoio sobre a persoa menor de idade, sen prexuízo das competencias propias do Ministerio Fiscal e das entidades públicas competentes.
    • Suspender ou modificar o réxime de visitas ou comunicación coa non conviviente ou con outro familiar que se atopase en vigor, cando resulte necesario para garantir a protección da persoa menor de idade.

  • As notarías en España e os consulados españois fora de España teñen unha función moi importante na protección ás persoas menores de idade:
    • En termos prácticos, porque as familias se achegan ás notarías e aos consulados para documentar e deixar constancia de maneira fidedigna e confiable de diversas situacións, en particular cando a nai ou o pai non van estar fisicamente de maneira temporal, por exemplo em situacións de migración, ou van a estar impedidos de cumprir coas súas obrigas de PP temporal ou definitivamente, por exemplo en situacións de complicacións de saúde, ou outras, e reciben o asesoramento notarial ou consular.
    • En termos legais, porque cada notaría e consulado é un axente privilexiado:
      • En positivo, para a axeitada documentación desas situacións e actuacións protectoras.
      • En preventivo, para a detección de posibles situacións de risco e/ou desamparo que deban supoñer a activación do resto do sistema de protección por medio da notificación á fiscalía, á entidade pública de protección e/ou a outros axentes de protección.
  • Coa Circular Informativa 7/2020, de 7 de novembro de 2020 sobre la actuación notarial en aquellos documentos que afecten a la función de guarda de los menores de edad, o Colegio General del Notariado2 delimita e esclarece o rol do notario na protección ás persoas menores de idade e, para tal efecto, establece cando se debe comunicar o outorgamento dunha escritura á fiscalía ou á entidade pública correspondeente, e mais as directrices específicas para as diferentes escrituras. En concreto, está pensada para:
    • Exercicio da PP con motivo da autorización de:
      • Autorizacións de viaxe.
      • Delegación de garda entre titulares da PP.
      • Poderes especiais
      • Escritura pública de extensión ou auxilio no exercicio da PP.
    • Sistema de protección especificamente:
      • Comunicación de posibles situacións de risco e/ou desamparo que se poñan de manifiesto con motivo da autorización de calquera instrumento que afecte á esfera persoal e/ou patrimonial dunha persoa menor de idade.
      • Outorgamento de:
        • Designación preventiva de gardador ou gardadora.
        • Acta de constancia de garda de feito dunha persoa menor de idade.
        • Acta de notoriedade para a acreditación da convivencia mínima de 3 anos como criterio de idoneidade para a adopción e o acollemento.
        • Actas do artigo 211.3 do Regulamento de Estranxeiría para acreditar a imposibilidade de obtener documentación na misión diplomática que corresponda.

  • "O artigo 14 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo de Galicia establece que poderá reclamar a atención do/a Valedor/a do Pobo toda persoa que invoque un interese lexítimo, sen restrición algunha. Non podendo constituír impedimento para iso, entre outras circunstancias, a minoría de idade; tamén o é que as persoas menores de idade, polas súas propias características de minoría de idade, teñen dificultades para expoñer os seus problemas e queixas diante das institucións públicas e solicitar a protección das mesmas, e entre elas o/a Valedor/a do Pobo. Por iso é polo que o/a Valedor/a do Pobo non pode adoptar unha postura receptiva, senón que ten que ir ao encontro das persoas menores de idade e suplantando as súas chamadas, poñerse no seu lugar e indagar para o seu caso a posible vulneración dos seus dereitos". ("Menores vulnerables: Desprotección y responsabilidad penal", páxina 11).
  • O/A Valedor/a do Pobo desenvolve actuacións xerais, como foi ese informe, e tamén actuacións puntuais, como as que teñen dado lugar a, por exemplo:
    • (Q/3997/20) Recomendación dirixida á Consellería de Política Social para que as peroas menores de idade que se atopan no sistema de protección, cando alcanzan a maioría de idade, sexan informados pola Entidade Pública de que a acción para esixir a rendición da conta xeral xustificada da administración dos seus bens prescribe aos cinco anos, contados desde o remate do prazo establecido para efectualo.
    • (Q/2880/19) Recomendación dirixida á Consellería de Política Social para que se adopten as medidas precisas para levar a cabo un proceso de escoita activa das perspas menores de idade dun expediente, tratando de esclarecer a percepción que os nenos teñen sobre a súa contorna; o sentimento de estar coidados e protexidos; as atencións médicas, de nutrición; apoio escolar; e as demais circunstancias que se consideren relevantes para determinar ou non a conveniencia dunha medida de protección, tendo en conta tamén a situación persoal do proxenitor co que conviven.
    • (Q/4543/19) Recomendación dirixida á Consellería de Política Social para que adopte todas as medidas precisas para que, no prazo máis breve posible, calquera persoa menor de idade que ingrese no centro Santo Anxo de Rábade conte cunha valoración de urxencia que determine a causa do problema de conduta que motivou o seu ingreso, avaliando especialmente a presenza de hábitos de consumo de substancia tóxicas; elabórese, no seu caso, un plan individualizado de deshabituación e impleméntense as medidas terapéuticas e educativas precisas, así como un plan específico de seguimento para cada menor por parte do seu técnico de referencia, nos termos que se consideren máis adecuados para garantir a comunicación entre os residentes e o Equipo Técnico de Menores.

  • Para visualizar quen integra o sistema de protección á infancia e á adolescencia pode resultar de utilidade a sistematización efectuada pola Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia3
    • Por unha banda, para visibilizar axentes de protección dende o principio, é dicir, dende a sensibilización, a prevención e a detección precoz, incluíndo a prevención da radicalización (artigos 22 a 25).
    • Por outra banda, para visibilizar sistemas de protección complementarios ao e interrelacionados co específico da Entidade Pública:
      • A familia, en especial en supostos de ruptura ou violencia de xénero (artigos 26 a 29).
      • O sistema educativo (artigos 30 a 37).
      • O sistema santirario (artigos 38 a 40).
      • O sistema de servizos sociais (artigos 41 a 44).
      • O "sistema tecnolóxico" (artigos 45 e 46).
      • O sistema de deporte e ocio (ou ocio e tempo libre) (artigos 47 e 48).
      • Forzas e Corpos de Seguridade (artigos 49 e 50)4.
      • Os centros de protección (artigo 52) e as entidades colaboradoras en xeral.

ATENCIÓN. "Estrategias eficaces de intervención socioeducativa en riesgo de exclusión" achega un estudo xustamente sobre o que di o tíulo referido ao colectivo de adolescentes en risco de exclusión social (e, polo, tanto, de estar en un contexto non seguro ou mesmo de violencia). Recolle unha colaboración da UNED con Opción 3, Igaxes3, Fundación Trébol e Fundación Isos publicada en abril de 2014. O texto completo está dispoñible en librerías. Unha aproximación pode verse en https://www.redalyc.org/pdf/1350/135031394008.pdf

  • Actuando sempre en interese da persoa menor de idade, e en coordinación coa Consellería de Familia, co Ministerio Fiscal e/ou cos Xulgados, terán distintas funcións e intervencións, podendo salientar dous para pechar este apartado da guía:
    • Os concellos. Ademais do xa indicado no punto 3.3 desta guía sobre as competencias municipais, e no contido da LOPIVI, pode lembrarse que existe unha “Carta Municipal de los Derechos del Niño y la Niña” ou tamén a rede de "Cidades amigas da infancia", subscrita por numerosos concellos co obxecto de camiñar cara a uns criterios comúns e boas prácticas tanto porque o concello é o referente político e administrativo máis próximo ós nenos e nenas como porque os concellos reciben a cada paso máis competencias (por exemplo, declara-la situación de risco prevista na LGF).
    • O peche somos todas as persoas ou autoridades, e especialmente aqueles que pola súa profesión ou función detecten unha situación de risco ou posible desamparo dunha persoa menor de idade, os cales teñen a obriga de comunicarllo á autoridade ou ós seus axentes máis próximos, sen prexuízo de prestarlle o auxilio inmediato que precise (artigo 13.1 LOPXM), sempre coa debida reserva (artigo 5 D).
    • "Todos somos responsable de todo ante todos".

1 Como exemplo de actuación, nas "CONCLUSIONES DE LAS JORNADAS DE DELEGADOS DE MENORES. SALAMANCA, 29 Y 30 DE OCTUBRE DE 2018", últimas publicadas pola Fiscalía General del Estado, concrétase: "5ª. Vén observando que algunhas Entidades Públicas en materia de desamparo tenden a pronunciar resolucións demasiado esquemáticas, estereotipadas e/ou carentes dun contido específico centrado no caso concreto co consecuente prexuízo para os menores. / A actuación do Ministerio Fiscal nestes supostos deberá facer fincapé en lograr a mellora e adecuación de tales resolucións a fin de que o superior interese do menor quede protexido de forma eficaz. / O Fiscal instarao así ante a propia Administración, recorrendo no seu caso e exercendo cuantos resortes sexan precisos para a adecuación da resposta administrativa ás necesidades concretas do suposto. 6ª.- Nos casos en que se pronunciou resolución declarando o desamparo, o control da legalidade que incumbe ao Ministerio Fiscal tomará en conta tanto os aspectos formais como os materiais. / Na esfera de control da legalidade desde a perspectiva material, constatarase a efectiva concorrencia daqueles elementos da realidade circundante ao menor que conduciron ao efectivo desamparo, procurando que a súa corrección respecte o dereito do neno a non ser separado dos seus pais e á súa integración na vida familiar. / Na esfera de control da legalidade nos aspectos formais, verificarase que de forma efectiva escoitouse ao menor, que se posibilitou a participación dos seus proxenitores, que se pronunciou a resolución motivada suficientemente e con adecuación da mesma ás circunstancias concretas do caso, que se cursaron as notificacións en forma e que se deu o oportuno traslado ao Ministerio Fiscal. 7ª.- No suposto de observarse renuencias por parte das Entidades Públicas a declarar o desamparo dos menores, limitándose a incoar simples expedientes de “información previa”, as Seccións de Menores solicitarán a pertinente resolución administrativa, valorando @luego a posibilidade de acudir ou non á vía xudicial conforme ao art. 780 -1 LAC".

3 Ver "Resumen para profesionales" realizado polo Equipo de Tratamento Familiar dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Puente Genil.

4 O primeiro se dedica ás unidades especializadas e o segundo a sinalar os criterios de actuación, pero xa de antes existían actuación e pautas, por exemplo as expostas polo Instituto Jurídico de Estudios Policiales relacionadas co axente titor nas policías locais ou coas actuación operartivas en relación con persoas menores de idade de nacionalidade non española (ver https://www.ijespol.es/categoria/articulos/menores/) .