Introducción
- Entendemos por protección á infancia e á adolescencia toda actividade social que teña como obxectivo o desenvolvemento normal dos nenos, nenas ou adolescentes e o fomento das súas capacidades tanto na familia como na sociedade, para que se convertan en adultos responsables. (Considerando 2 da Resolución do Parlamento Europeo sobre medidas de protección a “menores” na Unión Europea, 1997).
- Especificamente, "Para os efectos desta lei, enténdese por sistema de protección de menores o conxunto de servizos, actuacións e medidas de intervención dos poderes públicos destinadas a paliaren as situacións de desprotección e conflito social nas que poidan encontrarse as persoas menores de idade (artigo 48.1 LFam)1.
- Dispoñemos dunha descrición máis ampla dende a Consellería de Política Social, como entidade pública competente en materia de protección á infancia e á adolescencia en situación de desamparo en Galicia (artigo 12 e Disposición Adicional 22ª LOPXM, en relación co artigo 41.1.a LFam e cos artigos 5 e 7 e ss. LDCG2), en https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/familia-e-infancia/proteccion-da-infancia
- Convención sobre os Dereitos do Neno adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989, ratificada por España o 6 de decembro de 1990.
- Código Civil.
- Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do “menor”, de modificación parcial do código civil e da lei de axuizamento civil.
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
- Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.
- Decreto 42/2000, de 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia.
- Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia.
- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
- Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
As abreviaturas que se usarán neste documento para esta normativa básica, e para algunha outra norma de cita frecuente, serán as seguintes:
| ABREV | AMBITO | NORMA | URL |
|---|---|---|---|
| CC | Estatal | Real Decreto de 24 de julio de 1889 por el que se publica el Código Civil | https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1889-4763 |
| CDN | Intern. | Convención sobre os Dereitos do Neno, adoptado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o 20 de novembro de 19893 | https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1990-31312 ou https://infanciagalicia.org/convencion-texto-oficial/ (texto en galego) |
| CS | Galego | Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia | https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160608/AnuncioG0425-020616-0007_gl.html |
| D 42/2000 | Galego | Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia | https://www.lex.gal/galilex/4883 |
| D 99/2012 | Galego | Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento | https://www.lex.gal/galilex/5306 |
| LDCG | Galego | Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia | https://www.lex.gal/galilex/589 ou https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2006-14563 |
| LFam | Galego | Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia | https://www.lex.gal/galilex/7752 ou https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2011-13120 |
| LOPIVI4 | Estatal | Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia | https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2021-9347&p=20210605&tn=1#ti-4 |
| LOPXM | Estatal | Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil | https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1996-1069 |
| LSSG | Galega | Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia | https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2009-807 ou https://www.lex.gal/galilex/7750 |
Son recursos oficiais, abertos e gratuitos para procurar:
- cales poden ser as normas aplicables, e mais
- cal é o texto vixente de cadansúa norma nun momento dado os seguintes:
AMBITO RECURSO URL Galega Identifica normativa galega https://politicasocial.xunta.gal/gl/conselleria/normativa Galega Facilita normativa galega consolidada (textos actualizados) a texto completo5 https://www.lex.gal/portada Galega e provincial Facilita normativa galega e provincial NON consolidada (textos completos) https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/portalPublicoBusqueda.do?lang=gl D 42/2000 Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia https://www.lex.gal/galilex/4883 Estatal Compilación de "Legislación de menores" (Código BOE) https://www.boe.es/biblioteca_juridica/codigos/codigo.php?id=286_Legislacion_de_Menores&tipo=C&modo=2 Xeral Identifica e facilita normativa internacional, estatal e leis galegas, todas consolidadas (textos actualizados), a texto completo https://www.boe.es/buscar/legislacion.php Xeral Facilita normativa internacional e estatal https://observatoriodelainfancia.mdsocialesa2030.gob.es/infanciaEspana/contexto/marcoLegal.htm
1Para unha visión xeral da política de infancia en Galicia, relativamente actualizada (en protección á infancia e á adolescencia, os datos son de 2016), pódese consultar LA INFANCIA EN GALICIA 2018, UNICEF, decembro 2018, dispoñible en https://www.unicef.es/sites/unicef.es/files/comunicacion/La_infancia_en_Galicia_2018.pdf
E para unha diagnose recente da situación da infancia e adolescencia en Galicia pódese consultar OS DEREITOS DA INFANCIA EN GALICIA, Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), novembro 2021, dispoñible en https://infanciagalicia.org/os-dereitos-da-infancia-en-galicia/
2E de conformidade co Decreto 216/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, atribúese á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica o exercicio das políticas autonómicas en materia de acción social de apoio á familia, á infancia e adolescencia (art. 13.1.a) e, en particular, "protexer e tutelar as persoas menores en situación de risco ou desamparo de acordo co establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código civil e da Lei de axuizamento civil, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia e na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, así como executar as medidas ditadas polos xulgados de menores, nos termos establecidos na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores" (art. 13.b).
3Os tratados internacionais válidamente celebrados, una vez publicados oficialmente en España, formarán parte do ordenamento interno (artigo 96.1 da Constitución Española, https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1978-31229).
4 Sobre a LOPIVI en xeral, pódese acudir a “Guía sobre la Ley Orgánica de Protección integral a la Infancia y la Adolescencia frente a la Violencia” da Plataforma de Infancia e mais a Cátedra de los Derechos del Niño de la Universidad Pontificia Comillas/Proyecto Holistic, de maio de 2022, dispoñible en https://www.plataformadeinfancia.org/documento/guia-ley-organica-proteccion-infancia-y-adolescencia-frente-a-violencia/.
5 Pero non incorpora as posibles derrogación por inconstitucionalidade das normas, como ten acontecido cos artigos 27 a 41 da LDCG, declarados inconstitucionais pola Sentencia do Pleno do Tribunal Constitucional 133/2017, de 16 de noveembro de 2017 (https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2017-15178), malia o cal non se indica nada no texto, e aparece como vixente..