Garda con fins de adopción

  • Esta figura especial de garda regulada no artigo 176 bis CC permite que poida iniciarse a convivencia provisional entre a persoa menor de idade e as persoas consideradas idóneas para a adopción, con anterioridade á presentación da proposta de adopción pola entidade pública competente e co fin de evitar que teña que permanecer durante ese tempo nun centro de protección ou con outra familia.
  • Tamén cando, con anterioridade á presentación da proposta de adopción, aprecie a necesidade de fixar un período de adaptación da persoa menor de idade á familia das posibles adoptantes, debendo este período ser o máis breve posible e procurarse que non exceda dun ano (artigo 20.2 LDCG1).
  • Interveñen na garda con fins de adopción:
    • A persoa menor de idade deberá estar delcarada en situación de desamparo.
    • As persoas gardadoras:
      • deberán reunir os requisitos de capacidade para adoptar previstos no artigo 175 CC, prestar o seu consentimento, e ser preparadas, declaradas idóneas e asignadas para a súa adopción
      • terán os mesmos dereitos e obrigas que os/as acolledores/as familiares
    • A entidade pública deberá dictar resolución administrativa debidamente motivada, previa audiencia dos afectados e da persoa menor de idade -se ten suficiente madurez e, para todo caso, se é maior de 12 anos-.
    • As proxenitores/as ou titores/as non privados/as da PP ou tutela deberán ser notificadas.
  • Salvo que conveña outra cousa ao interese da persoa menor de idade, cando se inicie o período de convivencia preadoptiva a entidade pública debe proceder a suspender o réxime de visitas e relacións coa familia de orixe, excepto cando o interese da persoa menor de idade así o aconselle, en razón da súa situación familiar.
  • A proposta de adopción ao xulgado ten que realizarse no prazo máis breve posible e, en todo caso, antes de transcorridos 3 meses desde o día no que se acordou a delegación de garda con fins de adopción. No entanto, pode establecerse un período de adaptación cando a entidade pública o considere necesario, en función da idade e circunstancias da persoa menor de idade, e nese caso o prazo de 3 meses pode prorrogarse ata un máximo dun ano.
  • Se o xulgado non considerase procedente a adopción, a entidade pública debe determinar a medida protectora máis adecuada para a persoa menor de idade.

1 O artigo 84.d D prevé que a duración "non poderá exceder do prazo dun ano". En aplicación da Disposición Derrogatoria da LDCG e máis do principio de xerarquía normativa, debe considerarse inaplicable ese límite máximo dun ano. "Procurarase que non exceda dun ano", como di a LDCG, pero poderá exceder dese prazo, loxicamente sempre e cando o interese superior da persoa menor de idade así o esixa, e mediante a correspondente motivación debidamente fundamentada.