Cuestións prácticas
A normativa de protección á infancia e á adolescencia ten na práctica gran cantidade de posibles interpretaciones distintas, variando conforme ó contexto cultural, histórico e conceptual.
E para solventar tal problema non existen receitas máxicas, nin na lei nin fóra da lei, aplicables a todos os casos e que permitisen unhas pautas de actuación ou resolución matematicamente infalibles.
Así, con carácter xeral podemos marcar como guía a necesidade dunha resposta equilibrada e ponderada a favor da persoa menor de idade, examinando as circunstancias específicas do caso concreto para chegar a unha solución estable, xusta e equitativa, expresión esta de vello coa que a S.T.S. de 16 de febreiro de 1988 resumía as pautas a seguir.
Pero o día a día da relación con cada persoa menor de idade, e máis coas adultas ao redor e os sitemas educativo, sanitario, social e outros, fan xurdir moitas cuestións ás cales podemos tratar de aplicar este razoable criterio e, sen embargo, non obter unha resposta clara, á vista da subxectividade do carácter aberto e casuístico dos mesmos. ¿Que facer entón? ¿Como atopa-la resposta axeitada para cada caso?
Con intención de seren prácticos, trataremos de ofrecer unhas pautas xerais e dar resposta concreta a algúns casos frecuentes.
Pola dificultade de sistematizar e resumir os abundantes principios polos cales nos podemos guiar á hora de afrontar unha situación concreta, partiremos de utilizar como mecanismo orientador sempre a CDN e, con criterios máis prácticos, concretos e inmediatos, os utilizados na LOPXM.
- Supremacía do interese da persoa menor de idade (artigos 2 e 11.2.a LOPXM e 3 CDN): é a consideración primordial á cal debe obedecer calquera medida relacionada coa persoa menor de idade, expresada e reiterada con carácter xeral en toda canta regulación se fai da protección á infancia e á adolescencia e concretada logo para moitos casos concretos (por exemplo, a crianza e desenvolvemento do neno ou nena faranse no interese superior da persoa menor de idade, conforme lembra o artigo 18.1 CDN), o cal significa polo miúdo:
- Todo persoa menor de idade ten dereito a que o seu interese superior sexa valorado e considerado como primordial en todas as accións e decisións que lle afecten, tanto no ámbito público como privado: primará o seu interese superior dos mesmos sobre calquera outro interese lexítimo que puidese concorrer.
- Para efectos da interpretación e aplicación en cada caso do interese superior da persoa menor de idade, teranse en conta os seguintes criterios xerais, sen prexuízo dos establecidos na lexislación específica aplicable, así como daqueloutros que poidan estimarse adecuados atendendo ás circunstancias concretas do suposto:
- A protección do dereito á vida, supervivencia e desenvolvemento da persoa menor de idade e a satisfacción das súas necesidades básicas, tanto materiais, físicas e educativas como emocionais e afectivas.
- A consideración dos desexos, sentimentos e opinións da persoa menor de idade, así como o seu dereito para participar progresivamente, en función da súa idade, madurez, desenvolvemento e evolución persoal, no proceso de determinación do seu interese superior.
- A conveniencia de que a súa vida e desenvolvemento teña lugar nunha contorna familiar adecuada e libre de violencia. Priorizarase a permanencia na súa familia de orixe e preservarase o mantemento das súas relacións familiares, sempre que sexa posible e positivo para o menor. En caso de acordarse unha medida de protección, priorizarase o acollemento familiar fronte ao residencial. Cando a persoa menor de idade fose separada do seu núcleo familiar, valoraranse as posibilidades e conveniencia do seu retorno, tendo en cuenta a evolución da familia desde que se adoptou a medida protectora e primando sempre o interese e as necesidades da persoa menor de idade sobre as da familia.
- A preservación da identidade, cultura, relixión, conviccións, orientación e identidade sexual ou idioma da persoa menor de idade, así como a non discriminación por estas ou calquera outras condicións, incluída a discapacidade, garantindo o desenvolvemento harmónico da súa personalidade.
- Estes criterios ponderaranse teniendo en cuenta os seguintes elementos xerais:
- A idade e madurez da persoa menor de idade.
- A necesidade de garantir a súa igualdade e non discriminación pola súa especial vulnerabilidade, xa sexa pola carencia de contorna familiar, sufrir malos tratos, a súa discapacidade, a súa orientación e identidade sexual, a súa condición de refuxiado, solicitante de asilo ou protección subsidiaria, a súa pertenza a unha minoría étnica, ou calquera outra característica ou circunstancia relevante.
- O irreversible efecto do transcurso do tempo no seu desenvolvemento.
- A necesidade de estabilidade das solucións que se adopten para promover a efectiva integración e desenvolvemento da persoa menor de idade, así como de minimizar os riscos que calquera cambio de situación material ou emocional poida ocasionar na súa personalidade e desenvolvemento futuro.
- A preparación do tránsito á idade adulta e independente, consonte as súas capacidades e circunstancias persoais.
- Aqueloutros elementos de ponderación que, no suposto concreto, sexan considerados pertinentes e respecten os dereitos dos menores.
Os anteriores elementos deberán ser valorados conxuntamente, conforme os principios de necesidade e proporcionalidade, de xeito que a medida que se adopte no interese superior da persoa menor de idade non restrinxa ou limite máis dereitos que os que ampara.
- Para o caso de concorrer calquera outro interese lexítimo xunto ao interese superior do menor deberán priorizarse as medidas que, respondendo a este interese, respecten tamén os outros intereses lexítimos presentes. / Para o caso de que non poidan respectarse todos os intereses lexítimos concorrentes, deberá primar o interese superior da persoa menor de idade sobre calquera outro interese lexítimo que puidese concorrer. / As decisións e medidas adoptadas en interese superior da persoa menor de idade deberán valorar en todo caso os dereitos fundamentais doutras persoas que puidesen verse afectados.
- Toda resolución de calquera orde xurisdicional e toda medida no interese superior da persoa menor de idade deberá ser adoptada respectando as debidas garantías do proceso e, en particular:
- Os dereitos da persoa menor de idade para ser informada, oída e escoitada, e a participar no proceso consonte a normativa vixente1
- A intervención no proceso de profesionais cualificados ou expertos. En caso necesario, estes profesionais han de contar coa formación suficiente para determinar as específicas necesidades das persoas menores de idade con discapacidade. Nas decisións especialmente relevantes que afecten o menor contarase co informe colexiado dun grupo técnico e multidisciplinar especializado nos ámbitos adecuados.
- A participación de proxenitores, titores ou representantes legais da persoa menor de idade ou dun defensor xudicial se houbese conflito de interese ou discrepancia con eles e do Ministerio Fiscal no proceso en defensa dos seus intereses. Presumirase que existe un conflito de interese cando a opinión da persoa menor de idade sexa contraria á medida que se adopte sobre ela ou supoña unha restrición dos seus dereitos.
- A adopción dunha decisión que inclúa na súa motivación os criterios utilizados, os elementos aplicados ao ponderar os criterios entre si e con outros intereses presentes e futuros, e as garantías procesuais respectadas.
- A existencia de recursos que permitan revisar a decisión adoptada que non considerase o interese superior da persoa menor de idade como primordial ou no caso en que o propio desenvolvemento do menor ou cambios significativos nas circunstancias que motivaron dita decisión fagan necesario revisala. As persoas menores de idade gozarán do dereito á asistencia xurídica gratuíta nos casos legalmente previstos.
ATENCIÓN. "CÓMO APLICAR EL INTERÉS SUPERIOR DEL MENOR EN CASOS DE DESAMPARO: UNA HERRAMIENTA PARA PROFESIONALES" permite avaliar e determinar o interese superior da persoa menor de idade, consonte coa Observación xeral Nº 14 (2013), do Comité dos Dereitos do Neno:
- Avaliación: valorar e sopesar todos os elementos necesarios para tomar unha decisión nunha determinada situación. Incumbe ao responsable da toma de decisión e ao seu persoal (de ser posible, un equipo multidisciplinario). Require da participación da persoa menor de idade.
- Determinación: proceso estruturado e con garantías estritas concebido para determinar ese interese tomando como base a avaliación do interese superior.
O instrumento está disponible en https://www.savethechildren.es/publicaciones/como-aplicar-el-interes-superior-del-menor-en-casos-de-desamparo-una-herramienta-para, complementadopola “Guía para la evaluación y determinación del interés superior del niño. Cátedra Santander de Derecho y Menores. Protocolo operativo de de niños, niñas y adolescentes”, en https://repositorio.comillas.edu/xmlui/handle/11531/26167
- Respecto aos principios rectores da actuación dos poderes públicos en relación coas persoas menores de idade do artigo 12 LOPXM salientamos tres:
- Mantemento da persoa menor de idade no medio familiar de orixe, a non ser que non sexa conveniente para o seu interese (artigo 11.2.b LOPXM).
- Integración familiar e social da persoa menor de idade (artigo 11.2.c LOPXM).
- Prevención e detección precoz de todas aquelas situacións que poidan prexudica-lo seu desenvolvemento persoal (artigo 11.2.d LOPXM e LOPIVI).
- A maiores, deben respectarse sempre outros principios como:
- O dereito a ser oído (artigo 12 CDN e 9 LOPXM): a persoa menor de idade ten dereito a expresa-la súa opinión en tódolos asuntos que o afecten, téndose en conta en función da súa idade e natureza.
- O respecto ós seus dereitos e liberdades fundamentais:
- dereito ó honor, á intimidade e á propia imaxe: dereito ó honor, intimidade persoal e familiar e propia imaxe, incluíndo a inviolabilidade do domicilio familiar e da correspondencia, así como o segredo das comunicacións (artigo 4 LOPXM e 16 CDN)
- dereito á información: dereito a buscar, recibir e utilizar información, promovendo valores de igualdade, solidariedade e respecto ós demais e evitando imaxes de violencia, explotación ou trato degradante ou sexista (artigo 5 LOPXM e 13 CDN)
- liberdade ideolóxica: dereito ó liberdade de ideoloxía, conciencia e relixión (artigo 6 LOPXM e 14 CDN)
- dereito de participación, asociación e reunión (artigo 7 LOPXM e 15 CDN)
- liberdade de expresión (artigo 8 LOPXM)
- dereito á saúde (artigo 24 e 26 CDN).
- O principio de non discriminación (artigo 2 CDN e artigo 14 CE): os nenos, nenas e adolescentes deberán ser tratados por igual independentemente da súa raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou doutra índole, orixe nacional, étnica ou social, posición económica, impedimentos físicos, nacemento ou calquera condición súa ou dos seus pais ou representantes.
- E como concreción do anterior principio de non discriminación, e de maneira transversal, sempre se debe ter en conta se se dan determinadas circunstancias específicas, para aplicar as correspondentes especificidades por imperativo legal:
- Discapacidade, na persoa menor de idade e/ou na/s súa/s proxenitora/s2, para aplicar a normativa sectorial específica, en particular Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica e, se é o caso, Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, e a súa normativa de desenvolvemento estatal e autonómica, e normativas de desenvolvemento e complementarias, garantindo os seus dereitos e dándolle as medidas de apoio necesarias.
- Alunado con necesidade específica de apoio educativo, para poñer en marcha as medidas dos artigos 32 e ss. do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Violencia de xénero ou domestica, para aplicar as especificidades derivadas da súa normativa específica, algunhas xa detalladas parcialmente no punto 4.5 desta guía e outras derivadas da aplicación da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero e máis da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, con especial atención á regulación da relación presencial e non presencial e máis á atención psicolóxica ás persoas menores de idade vítimas de violencia de xénero.
- Nacionalidade non española, en especial na persoa menor de idade, para ter en conta a normativa sectorial específica composta pola Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e o seu regulamento e o Real Decreto 557/2011, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, tras a súa reforma por Lei Orgánica 2/2009, en síntese:Debe indicarse que dende o 9 de novembro de 2021 a última modificación do RELOEX supón:
Localización de menores estranxeiros non acompanados Art. 35 LOEX Arts. 190 e 215 RELOEX PROTOCOLO-MARCO 2014 Repatriación Art. 35 LOEX Arts. 191 a 195 RELOEX Garantías no procedemento administrativo de repatriación de menores estranxeiros non acompanados Arts. 22.2 e 35. LOEX Arts. 191 a 195 RELOEX Permanencia en España. Art. 35 e art. 62.4 LOEX Autorización de residencia baixo tutela da Administración pública Art. 196 a 198 RELOEX Traballo de menores baixo tutela Art. 40.i) LOEX Desplazamiento temporal de menores estranxeiros Art. 95 RELOEX Art. 187 e art. 188 RELOEX Ingreso en centros de internamento Art. 7 e art. 16.1 k RD 162/2014 Residencia do/a fillo/a de residente legal Art. 185 e art. 186 RELOEX - Que se reduce a 3 o prazo de 9 meses ao que aludía o artigo 196.1 RELOEX para documentar á persoa menor de idade. Mediante a redución deste prazo, a Oficina de Estranxeiría competente non esperará, como ocorría na práctica, ao transcurso de nove meses para iniciar as súas actuacións con respecto á documentación de menores estranxeiros non acompañados, senón que estas se iniciarán unha vez transcorridos noventa días. Pola súa propia definición e características, un procedemento de repatriación ten valor e sentido se se realiza de forma inmediata, non transcurrido un longo período de nove meses. E a práctica demostraba que a incapacidade de repatriación quedaba acreditada moito antes e que, ademais, tal e como dispón o artigo 35.8 RELOEX, a concesión dunha autorización non é obstáculo en ningún caso para que esta poida levar a cabo nun momento posterior. Con este novo sistema, poñerase fin á situación sen carga documental á que xa apuntaba o Consello de Estado, garantíndose a identificación e documentación da persoa dende o inicio.
- Que non será necesaria a obtención dunha autorización de traballo para o exercicio de actividades por parte de menores estranxeiros en idade laboral tutelados pola entidade de protección de menores para aquelas actividades que, a proposta da mencionada entidade, en canto permanezan nesa situación, favorezan a súa integración social (axústase a redacción dese mesmo artigo 196 RELOEX ao previsto nos artigos 40 e 41 LOEX).
- Outras circunstancias, por exemplo as que poidan dar lugar á suspensión do réxime de visitas da proxenitora non custodia, como a concorrencia de circunstancias graves por un lapso largo de tempo sen ter contacto coa persoa menor de idade, como na Sentencia Nº 825/2019, Audiencia Provincial de Madrid, Sección 22, Rec 1274/2018 de 07 de outubro de 2019, non acudir a revisións psiquiátricas, como na Sentencia Nº 657/2019, Audiencia Provincial de Valencia, Sección 10, Rec 150/2019 de 21 de Outubro de 2019, ou adiccións da proxenitora non custodia que menoscaben o interese da persoa menor de idade, como na Sentencia Nº 567/2019, Audiencia Provincial de Valencia, Sección 10, Rec 18/2019 de 18 de Setembro de 2019, ou o incumprimento grave ou reiterado dos deberes inherentes da proxenitora non custodia, como na Sentencia Nº 641/2019, Audiencia Provincial de Barcelona, Sección 12, Rec 805/2019, de 30 de Outubro de 2019
- Finalmente, mesmo non sendo nin unha norma nin un conxunto de criterios legais, senón unha ferramenta técnica para axudar na concreción da aplicación desas normas e criterios pola Entidade Pública, considérase de interse rematar os criterios cunha referencia ao VALORA, como INSTRUMENTO PARA A VALORACIÓN DA GRAVIDADE DAS SITUACIÓNS DE DESPROTECCIÓN INFANTIL NOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS EN PROTECCIÓN DE MENORES NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. Foi deseñado co fin de ser aplicado polos servizos sociais especializados en protección á infancia e á adolescencia da Xunta de Galicia para a execución das competencias establecidas na lei con relación á investigación e valoración das situacións de desprotección nas que se poden ver afectados os nenos, nenas e adolescentes. O instrumento achega criterios para a valoración da gravidade destas situacións e as correspondentes tomas de decisión. Insírese nun determinado procedemento de intervención, estruturado en fases diferenciadas e secuenciadas (recepción, investigación, avaliación, deseño e execución do plan de intervención, reavaliación permanente do plan, fin da intervención) e cada unha delas ten os seus propios obxectivos, metodoloxía e prazos de tempo. Concretamente, aplicarase:
- Na investigación de posibles situacións de desprotección que poidan estar producíndose na familia na que convive a persoa menor de idade.
- Na valoración de situacións de desprotección ocorridas no pasado cuxa consideración sexa relevante no momento actual, dada a súa influencia na situación da persoa menor de idade.
- Nos procesos de valoración dunha posible reunificación familiar, a condición de que existan espazos de convivencia suficientemente prolongados para valorar o coidado e o trato recibidos pola persoa menor de idade.
- En procesos de valoración de solicitudes de garda en que se considere conveniente descartar posibles situacións de desprotección grave que requiran unha asunción de tutela.
ATENCIÓN: «Cuidar la toma de decisiones: ¿Mantener en el hogar o separar para proteger?». Esta é a pregunta que se fai Antonio Ferrandis Torres, técnico da CAM e á cal dá resposta no seu artigo de 20 de novembro de 2021, Día Internacional dos Dereitos dos NNA, dentro da serie "Renovando desde dentro". Contén 7 retos e propostas de mellora do sistema de protección á infancia en España. E contén 10 pistas para examinar a toma de decisións. Resulta un colofón ideal para cruzar a ponte que vai da teoría da lei e dos criterios á súa aplicación práctica: https://renovandodentro.wordpress.com/2021/11/22/articulo-3-cuidar-la-toma-de-decisiones-mantener-en-el-hogar-o-separar-para-proteger-por-antonio-ferrandis-torres/
Respostas a algunhas cuestións usuais
A resposta témola na Sentenza do Tribunal Supremo 416/2015, do 20 de xullo, Recurso de Casación 1791/2014, que indica no seu fundamento de dereito terceiro:
"El artículo 173. 4 del Código Civil prevé las causas por las que cesara el acogimiento, de entre las que contempla: "por decisión de las personas que lo tienen acogido, previa comunicación de éstas a la entidad pública" (número 2º). De ello se desprende que quienes intervinieron en el convenio del acogimiento puedanrevocarlo.
Pero en cualquier caso sobre tal revocación habrá de pronunciarse la autoridad pública que ostenta la tutela administrativa del menor, naturalmente cuando como es el caso el acogimiento no se constituyó por resolución judicial.
Mientras tanto no cabe un abandono de facto del menor y los acogedores debe seguir cumpliendo con los deberes inherentes de su cargo".
Si, pódese e débese adoptar calquera medida de protección conforme ao marco normativo e técnico xeral e, ademáis, debe garantirse a continuidade dos apoios que viñese recibindo ou a adopción doutros máis acaídos á súas necesidades (tamén, artigo 42 D 42/2000) (ver apartado 3.4.b desta guía xurídica).
A regra xeral é que non se pode.
A excepción son os supostos de imposibilidade, debidamente acreditada, de adoptar nese momento a medida de acollemento familiar ou cando esta medida non conveña ao interese superior da persoa menor de idade (artigo 21.3 LOPXM).
A regra xeral é idéntica á anterior.
Debe darse prioridade á utilización do acollemento familiar sobre o residencial, e só non sendo este posible ou conveniente para o interese da persoa menor de idade o acollemento familiar pode pasarse ao acollemento residencial (artigo 172.ter CC e 21.3 LOPXM).
A regra xeral é que non se pode, entendendo permanente como de duración superior a dous anos.
A excepción é que a Entidade Pública xustifique as causas polas cales non se adoptou unha medida protectora de carácter máis estable logo dun acollemento residencial ou acollemento familiar temporal durante dous (2) anos, e envíe o correspondente informe xustificativo ao Ministerio Fiscal (artigo 12.7 LOPXM).
A Sentenza de Pleno do Tribunal Supremo 277/2022, do 31 de marzo, Recurso de Casación 907/2021, reitera as conclusións da súa Sentenza de Pleno do Tribunal Supremo 835/2013, do 6 de febreiro, Recurso de Casación 245/2012, pola que considera que os contratos de xestación por substitución vulneran os dereitos fundamentais, tanto da muller gestante como do neno ou nena obxecto da xestación, e son manifestamente contrarios á nosa orde pública e, por tanto, nulos de pleno dereito conforme ao art. 10 da Lei 14/2006, do 26 de maio , sobre técnicas de reprodución humana asistida, e vulneran gravemente os dereitos fundamentais recoñecidos na nosa Constitución e na Convención sobre os Dereitos do Neno.
O Tribunal Supremo considera que o contrato de xestación por substitución entraña un dano ao interese superior da persoa menor de idade e unha explotación da muller que son inaceptables. Ambas son tratadas como meros obxectos, vulnerando a súa consideración como persoas dotadas da dignidade propia da súa condición de seres humanos e dos dereitos fundamentais inherentes a esa dignidade. Iso é contrario á Resolución do Parlamento Europeo, do 17 de decembro de 2015, sobre o Informe anual sobre os dereitos humanos e a democracia no mundo (2014) e a política da Unión Europea respecto diso, que condena a práctica da xestación por substitución, que é contraria á dignidade humana da muller, xa que o seu corpo e as súas funcións reprodutivas utilízanse como unha materia prima.
Con todo, o Tribunal Supremo considera que a satisfacción do interese superior da persoa menor de idade debe conducir a que o recoñecemento da relación de filiación á nai comitente deba obterse pola vía da adopción. Esta solución, segundo o Tribunal, satisface o interese superior da persoa menor de idade, como esixe o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, pero á vez tenta salvagardar os dereitos fundamentais que o citado tribunal tamén considerou dignos de protección, como son os dereitos das nais gestantes e dos nenos e nenas en xeral. De maneira que por medio do procedemento de adopción poida comprobarse con todas as garantías a idoneidade dos comitentes para ser recoñecidos como titulares da patria potestade sobre o neno ou a nena.
Pódense documentar notarialmente diversas situación relacionadas coa patria portestade, tendo en conta o regulado pola CIRCULAR INFORMATIVA 7/2020, DE 7 DE NOVIEMBRE DE 2020 SOBRE LA ACTUACIÓN NOTARIAL EN AQUELLOS DOCUMENTOS QUE AFECTEN A LA FUNCIÓN DE GUARDA DE LOS MENORES DE EDAD do Colegio General del Notariado, do cal se pode ver unha síntese no apartado 4.6. NOTARÍAS E CONSULADOS desta guía ou se pode consultar íntegramente en http://notariado.org/infodir/adjuntos/CIRCULAR_7_INFORMATIVA_MENORES.pdf.
No ámbito estatal, a GUÍA DE AYUDAS SOCIALES Y SERVICIOS PARA LAS FAMILIAS 2022 da Dirección General de Diversidad Familiar y Servicios Sociales, Subdirección General de Diversidad Familiar, do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2020, actualizada a 15 de maio de 2022, facilita información actualizada sobre as prestacións, beneficios e servizos a disposición de quen teña responsabilidades familiares no ámbito da Administración Xeral do Estado. Recolle principalmente as axudas establecidas nos ámbitos de seguridade social, emprego, fiscalidade, servizos sociais, educación e vivenda, entre otros. Inclúe tamén un capítulo referido á parentalidade positiva (apoio a pais, nais e persoas con responsabilidades parentais), coa intención de proporcionar ferramentas para promover relacións positivas na familia. E tamén un capítulo sobre o uso seguro das tecnoloxías da Información e da comunicación. Está disponible de maneira aberta e gratuita en https://www.mdsocialesa2030.gob.es/derechos-sociales/familias/guia_ayudas_sociales/docs/GUIA2022.pdf
A Sentenza do Tribunal Supremo 202/2022, do 17 de febreiro, Recurso de Casación 5631/2019, analiza no seu fundamento de dereito sétimo a "naturaleza y valor probatorio de los informes de la Administración obrantes en el expediente administrativo más los aportados en sede judicial como pericial, todos elaborados por funcionarios o técnicos de la Administración", da cal nos pode interesar o resume que a sentencia, dictada en casasción para foi en 3 aspectos:
“Una vez sentado que los expertos al servicio de la Administración pueden actuar como peritos y que sus dictámenes -al igual que cualquier otro dictamen pericial- han de ser valorados de manera libre y motivada, es preciso hacer tres consideraciones adicionales a fin de dar cumplida respuesta a la cuestión de interés casacional objetivo.
En primer lugar, tal como señala el recurrente, no es lo mismo que un informe o dictamen emanado de la Administración se haga valer como medio de prueba en un litigio entre terceros o en un litigio en que esa misma Administración es parte. En este último supuesto, no tiene sentido decir que el informe o dictamen goza de imparcialidad y, por ello, merece un plus de credibilidad: quien es parte no es imparcial. Además, cuando esto ocurre, el dato es relevante, pues exige no eludir la proveniencia puramente administrativa del informe o dictamen, examinando hasta qué punto ello ha podido influir en las conclusiones periciales.
En segundo lugar, en conexión con lo que se acaba de decir, no todos los expertos al servicio de la Administración se encuentran en una misma situación de dependencia con respecto al órgano administrativo llamado a decidir. Por mucha que sea la capacitación técnica o científica de la concreta persona, no es lo mismo un funcionario inserto en la estructura jerárquica de la Administración activa que alguien que -aun habiendo sido designado para el cargo por una autoridad administrativa- trabaja en entidades u organismos dotados de cierta autonomía con respecto a la Administración activa. A este respecto hay que recordar que, entre las causas de tacha de peritos no designados judicialmente, el art. 343 de la Ley de Enjuiciamiento Civil incluye "estar o haber estado en situación de dependencia o de comunidad o contraposición de intereses con alguna de las partes o con sus abogados o procuradores". Y el art. 344 del propio cuerpo legal dispone que la tacha debe ser tenida en cuenta al valorar la prueba pericial. Pues bien, mientras que el funcionario inserto en la estructura jerárquica de la Administración activa está manifiestamente en situación de dependencia, el lazo es menos acusado en el otro supuesto. Precisar y ponderar, en cada caso concreto, el mayor o menor grado de dependencia del experto con respecto al órgano administrativo llamado a decidir es algo que, sin duda, debe hacer el juzgador.
En tercer y último lugar, seguramente hay supuestos en que los informes de origen funcionarial, aun habiendo sido elaborados por auténticos técnicos, no pueden ser considerados como prueba pericial. Ello ocurre destacadamente cuando las partes no tienen ocasión de pedir explicaciones o aclaraciones (arts. 346 y 347de la Ley de Enjuiciamiento Civil y art. 60 de la Ley de la Jurisdicción Contencioso-Administrativa). Dichos informes no tendrán más valor que el que tengan como documentos administrativos, y como tales habrán de ser valorados”.
Pode facelo, mesmo cando teña discapacidade e sempre e canto teña como medida de apoio a curatela con facultades de representación plena, porque a Lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, en vigor dende o 3 de setembro de 2021, redactou o artigo 22.2.c CC facilitando a solicitude da nacionalidade española logo de un (1) ano de residencia por parte de:
«c) El que haya estado sujeto legalmente a la tutela, curatela con facultades de representación plena, guarda o acogimiento de un ciudadano o institución españoles durante dos años consecutivos, incluso si continuare en esta situación en el momento de la solicitud.»
E a solicitude formúlaa, de acordo co artigo 21.3 CC:
"a) El interesado emancipado o mayor de dieciocho años.
b) El mayor de catorce años asistido por su representante legal.
c) El representante legal del menor de catorce años. (...)
d) El interesado con discapacidad con los apoyos y ajustes de procedimiento que, en su caso, precise".
Non sempre, porque a regra xeral será que por suposto unha persoa menor de idade ten dereito a se relacionar con irmáns, avós, parentes ou achegados (masculino xenérico, conforme ao artigo 94 CC.
Pero a excepción é que poderá impedirse esa relación cando exista xusta causa e, ademais, deberá asegurarse que as medidas que se poidan fixar para favorecer as relaciones entre irmáns e avós e netos non permitan a infracción das resolucións xudiciais que restrinxan ou suspendan as relaciones da persoa menor de idade con algún dos seus proxenitores (novamente masculino xenérico, como prevé o artigo 160.2 CC).
As resolución xudiciais falan desa relación como un dereito e un deber, e o criterio debe ser sempre o interese superior de cada persoa menor de idade, que deberá avaliarse e xustificarse en cada caso e, en palabras da Sentenza do Tribunal Supremo 532/2018, do 27 de setembro, Recurso de Casación 4843/2017:
“De los propios antecedentes de la norma se establece que aun cuando la relación prioritaria sea la paternofilial, debe prestarse una especial atención a la relación abuelos-nietos, en interés del propio menor (sentencia 723/2013, de 14 de noviembre). Rige en la materia un criterio de evidente flexibilidad en orden a que el Juez pueda emitir un juicio prudente y ponderado, en atención a las particularidades del caso, el cual deberá tener siempre como guía fundamental el interés superior del menor”.
En aplicación do interse superior da persoa menor de idade, a SAP Cáceres, Sección 1ª, de 19 de xaneiro de 2023 razonou que “No beneficia a la menor el que se impongan forzosamente unas visitas cuando ha resultado negativa e ineficaz la terapia psicológica seguida y no consta un síndrome de alienación parental por influencia de la madre” e confirmou a resolución recurrida, que fallaba: “PRIMERO.- Respecto al régimen de visitas, estancias en periodos vacacionales, y comunicaciones, entre D. Calixto Jacobo, se establece un régimen de visitas flexible y abierto, el cual queda a la voluntad de Jacobo y de su progenitor, y de los acuerdos que puedan alcanzar entre ambos”.
1 "¿Cómo contar con la voz de la infancia y la adolescencia en la toma de decisiones?” contén unha “Guía de recomendaciones para la escucha activa a niños, niñas y adolescentes desde las administraciones públicas” proposta por EDUCO en 2023, ver https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/proteccion/documents/guia-activa-escucha-adm-publica_web.pdf
2 Sobre a “GUARDA, CUSTODIA Y TUTELA DE LOS MENORES EN LOS CASOS DE PROGENITORES CON DISCAPACIDAD”, ver Actualidad Jurídica Iberoamericana Nº 12, febrero 2020, en https://idibe.org/doctrina/guarda-custodia-tutela-los-menores-los-casos-progenitores-discapacidad/