Tutela ordinaria

A situación de tutela ordinaria prodúcese cando así sexa acordada por resolución dos Xulgados, unica e exclusivamente en un suposto: persoas menores de idade non emancipadas non sujetos a PP (artigo 199.2 CC).

ATENCIÓN: Da tutela administrativa á tutela ordinaria. Nalgunhas Comunidades Autónomas prevese, dentro do exercicio da tutela pola entidade pública, a promoción do nomeamento xudicial de titor/a conforme ao Código Civil, cando existan persoas que polas súas relacións coa persoa menor de idade ou por outras circunstancias, poidan asumir a tutela ordinaria con beneficio para esta: así se establece, por exemplo, en Asturias (L Asturias 1/1995 artigo 38); Aragón (L Aragón 12/2001 artigo 63); Canarias (L Canarias 1/1997 art.54); Madrid (L Madrid 6/1995 artigo 56.1.d); ou Murcia (L Murcia 3/1995 artigo 26)1.

As funcións tutelares constitúen un deber, exerceranse en beneficio da persoa menor de idade tutelada, no seu interese e de acordo coa súa personalidade e con respecto aos seus dereitos (artigo 227 CC) e estarán baixo a salvagarda da autoridade xudicial (artigo 200 CC) e baixo a vixiancia do Ministerio Fiscal, que actuará de oficio ou a instancia da persoa menor de idade ou de calquera interesado (artigo 209 CC), podendo establecerse, ademais, medidas de vixiancia e control ou pedir información ao titor ou a titora (artigo 210 CC).

O titor ou a titora teñan a obriga de velar pola persoa menor de idade tutelada e, en particular (artigo 228 CC):

  • A velar por ela e a procurarlle alimentos.
  • A educala e procurarlle una formación integral.
  • A promover a súa mellor inserción na sociedade.
  • A administrar o patrimonio da tutelada coa dilixencia debida.
  • A informar á autoridade xudicial anualmente sobre a situación da tutelada e a rendirlle conta anual da súa administración.
  • A ouvir á tutelada antes de adoptar decisións que lle afecten.

En xeral, a tutela extínguese (artigo 231 CC):

  • Pola maioría de idade, emancipación ou concesión do beneficio da maioría de idade á persoa menor de idade.
  • Pola adopción da persoa menor de idade.
  • Por morte ou declaración de falecemento da persoa menor de idade.
  • Cando, téndose orixinado por privación ou suspensión da PP, o ou a titular desta recupérea, ou cando desapareza a causa que impedía ao ou á titular da PP exercitala de feito.

Excepcionalmente, cando a Xefatura Territorial acorde a declaración de desamparo e asunción da TUTELA POR MINISTERIO DA LEI, quedará en suspenso a tutela ordinaria.

É un procedemento xudicial que segue os artigos 43 e ss., e concordantes, da Lei 15/2015, de 2 de xullo, da Xurisdicción Voluntaria2.

1 Enumeración a partir do Memento Familia (Civil) 2020-2021, ed. Francis Lefebvre, xullo 2020.

2 Esta é a lei que regula tamén os trámites para os procedementos para intervención xudicial en relación coa PP (artigos 85 e 86), para a garda de feito (artigo 52) e para a adopción (artigos 33 e ss.), entre outros contidos.