Presentación

“¿Queremos unos niños y niñas más responsables, más autónomos para afrontar los cambios sociales futuros, con criterios morales más desarrollados? ¿O queremos unos niños y niñas mejor controlados, más a la imagen y semejanza de los adultos de hoy, con unos criterios morales prefijados?

Las respuestas a tales preguntas no son, en absoluto, ni fáciles ni banales. Como tampoco son cuestiones muy objetivables: están cargadas de opciones de valor. Por añadidura, cualquier análisis simple de las mismas puede estar sesgado por nuestras representaciones colectivas sobre qué es la infancia. (...)

Al inicio del siglo XXI, más que nunca en la historia, nuestras sociedades necesitan formar personas responsables, sabiendo que la responsabilidad deberá ejercerse incluso ante situaciones inéditas. Éste es el contexto psicosocial amplio en el que nos movemos. Y es en él donde se nos plantean las cuestiones de derechos y deberes de los “menores” y, por tanto, sus responsabilidades legales. (...)

Al igual que la libertad no se concede, sino que se conquista o se asume, la responsabilidad no se puede presuponer que se adquiere por decreto, sino que se construye. No se puede empezar exigiendo responsabilidad, sino facilitando las condiciones para que la responsabilidad se aprenda y se exprese”.

Ferrán Casas, en “Infancia: Perspectivas psicosociales”. Paidós Ibérica, 1998.

Baixo este enfoque naceu a idea inicial deste traballo en 2002, que correspondeu no seu momento ao COLECTIVO GALEGO DO MENOR, asociación sen ánimo de lucro que englobaba a centros de protección para nenos, nenas e adolescentes en Galicia, xa daquela con máis de vinte anos de experiencia de traballo con infancia e adolescencia en desamparo.

O obxectivo da guía foi simplemente ofrecer unhas liñas básicas de achegamento á protección á infancia e á adolescencia en Galicia dende as seguintes orientacións:

  • Un achegamento xurídico e, nese senso, pretendía colaborar no fomento da cultura da protección á infancia e adolescencia dende unha óptica de dereitos de cada unha persoa menor de idade.
  • Un achegamento descritivo e básico e non crítico e exhaustivo, por estimalo máis acaído para á súa finalidade práctica.
  • Un achegamento ao eido da protección exclusivamente, deixando ó marxe o da denominada "reforma" (responsabilidade penal das persoas menores de idade).
  • Un achegamento centrado en Galicia e, polo tanto, centrado na normativa de aplicación nesta Comunidade Autónoma.
  • Correlativamente, con exclusión en particular da adopción internacional e a súa normativa específica.
  • E un achegamento dirixido principalmente a todos os axentes do sistema de protección á infancia e á adolescencia, sobre todo no seu aspecto práctico.

O contido dese achegamento pretendía respostar a dúas cuestións:

  • que e como se pode facer (mecanismos de protección) e
  • quen o pode/debe facer (axentes de protección).

Revisada esta guía durante o ano 2021, desta volta a iniciativa de ACOUGO, Asociación galega de familias de acollida, e co apoio e colaboración tanto no técnico como noutros aspectos por parte da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, atopámonos con que as institucións de protección teñen mudado parcialmente por mor de diversas modificacións normativas, e igual acontece cos axentes de protección tamén. Pero por riba de todo tense ampliado e complicado o aparello normativo no cal se definen as regras do xogo xurídicas para este sistema de protección. Con estes mimbios, séguese practicamente o mesmo esquema de contidos de 2002, pero actualízase o contido a data de decembro de 2021 e déixase permanente aberta á riqueza da realidade a posibilidade de ir engadindo sucesivas cuestións prácticas.

Dende todo o anterior, ofrécense as seguintes páxinas cunha pretensión de guion básico actualizado e vivo ou matriz de sucesivas melloras e engadidos.

A Coruña, revisado o 4 de marzo de 2024.