Inicio > Recursos > Publicacións > Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030

Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030

Categoria:

Resumen: 

Marco de actuación efectiva e coordinada na loita contra a pobreza e a exclusión social en Galicia.

Autor: 
Xunta de Galicia
Órgano Editor: 
Dirección Xeral de Inclusión Social
Descripción: 

A Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030, promovida pola Xunta de Galicia, é o marco de actuación efectiva e coordinada na loita contra a pobreza e a exclusión social en Galicia.

Vertébrase en cinco metas para dar resposta aos retos e necesidades identificadas no eido da inclusión social:

  1. Previr e abordar a vulnerabilidade das persoas e grupos.
  2. Combater as situacións de pobreza e/ou exclusión social.
  3. Potenciar a inclusión social desde a dimensión comunitaria.
  4. Loitar contra a exclusión territorial e promover un rural inclusivo, promover a mellora duns servizos sociais que deben ser áxiles, flexibles e adaptados ás necesidades.
  5. Asegurar o apoio á diversidade cultural e atención á interseccionalidade dos factores de exclusión social.

Este traballo desenvolverase a través de 21 obxectivos específicos e 143 liñas de actuación que se fan operativos a través das actuacións incluídas nos Plans bianuais de Inclusión Social.

Ademais da Xunta de Galicia, esta Estratexia conta coa participación de entidades locais, entidades de iniciativa social, persoas usuarias e outros axentes; tanto nas fases de deseño, como na súa implantación, seguimento e avaliación.

A Estratexia está dirixida e coordinada pola Consellería de Política Social e Xuventude, e a súa coordinación técnica e financeira recae na Dirección Xeral de Inclusión Social.

Como parte da estrutura básica da Estratexia compréndense os equipos de inclusión sociolaboral de ámbito comarcal dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e nas actuacións que se desenvolvan neste marco implicaranse outros órganos da administración autonómica e entidades vinculadas ou dependentes. 

Compartir