Inicio > Áreas > Maiores e dependencia > Plan de reforzo de persoal para valoración da dependencia. 2024-2027

Plan de reforzo de persoal para valoración da dependencia. 2024-2027


O “Plan de reforzo de persoal para valoración da dependencia. 2024-2027", cofinanciado polo FSE PLUS, no marco do PO FSE+ GALICIA 2021-2027, para os anos 2024 a 2027 ten como obxectivo específico 4.11. "mellorar a igualdade e a oportunidade do acceso a uns servizos de calidade, sostibles e asequibles, incluidos os servizos que propicien o acceso á vivenda e uns coidados centrados nas persoas, especialmente a sanidade; modernizar os sistemas de protección social, especialmente o fomento do acceso á protección social, cunha atención particular aos nenos e aos colectivos desfavorecidos; mellorar a accesibilidade, tamén para persoas con discapacidade, a efectividade e a resiliencia dos sistemas de asistencia sanitaria e de dependencia".

A operación consiste na contratación de persoal técnico de valoración e conformación de órganos multidisciplinares de valoración da dependencia como medida de reforzo temporal que desenvolverá de maneira simultánea a un conxunto de medidas de carácter estrutural postas en marcha para a mellora do procedemiento de valoración das situacións de dependencia e asignación de recursos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD) e aumentar así a capacidade de resposta para os anos 2024 e 2027.