Logotipo

Reparar na historia é reparar a historia

Por primeira vez na historia de Galicia, as vidas diversas que non quedaron rexistradas pero existiron, resistiron e forman parte de quen somos reúnense nun arquivo colectivo inédito.

No Día do Orgullo 2025 nace un proxecto único que non deixará de medrar para tecer o relato máis amplo, xusto e diverso da Galicia Orgullosa.
Porque reparar na historia é reparar a historia.

Un arquivo vivo dos relatos de onte, hoxe e mañá.

Un proxecto colectivo e aberto á cidadanía.

Historias LGBTI da Galicia Orgullosa parte dunha selección de imaxes históricas e actuais, e seguirá medrando coa participación cidadá.

O propósito do arquivo é que calquera galega e galego poida achegar fotografías e vivencias que axuden a construír un relato máis diverso, máis afectivo e máis real da nosa historia.

A memoria constrúese en común. Por iso, o arquivo de Historias LGBTI da Galicia Orgullosa seguirá medrando con momentos de loita, afecto, orgullo, amizade, reivindicación ou celebración que merecen ser lembrados.

Cada achega conta e axuda a ampliar o relato tecendo unha historia máis completa, plural e diversa. A nosa historia colectiva.