O Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais recolle a información referida ás Entidades que desenvolven programas ou son titulares ou xestoras de Centros ou Programas de servizos sociais, nos seguintes ámbitos: maiores, discapacidade, igualdade, infancia, menores, familia, inclusión e servizos comunitarios.
O RUEPSS configúrase, para o público e os profesionais de servizos sociais, como unha ferramenta para a difusión, o coñecemento e de orientación na asignación dos recursos sociais existentes.
Desde aquí pode consultar a normativa vixente así como información, documentación e modelos relacionados cos trámites e procedementos de inscrición e autorización de centros de servizos sociais: acceso á ASESORIA VIRTUAL
Esta aplicación está xestionada pola Subdirección xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais ó que poderá dirixirse mediante o enderezo electrónico: inspeccion.centros@xunta.gal
|