Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Familia > Residencias de tempo libre

FAMILIA

Residencias de tempo libre - 2018

Adxudicación de estadías, durante a tempada de verán, nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) dependentes da Consellería de Política Social,  código do procedemento BS419A.

Persoas destinatarias:

Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.

Servizos ofertados:

  • Servizos de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.
  • Servizos para non residentes: servizo de comedor para familiares e amizades das persoas residentes.

 

Solicitudes:

Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas.

A solicitude (anexo I) irá acompañada, de ser o caso e só cando non sexan expedidos pola Administración da Comunidade Autonóma de Galicia, da seguinte documentación:

  • Certificado de discapacidade.
  • Copia do título de familia numerosa.
  • Copia da resolución administrativa de acollemento.
  • Copia do certificado de monoparentalidade, de ser o caso.

Consultaranse automaticamente o documento nacional de identidade ou o número de identidade de estranxeiro da persoa solicitante e os seguintes datos cando lle sexa de apliación a circunstancia a persoa interesada e se traten de documentos expedidos pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia:

  • Certificado de discapacidade
  • Título de familia numerosa
  • Resolución administrativa
  • Certificado de monoparentalidade

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Prazo de presentación de solicitudes
Data de inicio: 24/04/2018
Data de remate: 08/05/2018

Adxudicación de estadías
A adxudicación das prazas efectuarase por sorteo de datas.

Reserva de quendas para familias de especial consideración:

  • A primeira quenda do mes de agosto reservarase para as familias numerosas.
  • A última quenda do mes de xullo reservarase para as familias acolledoras.
  • A segunda quenda do mes de xullo reservarase para as familias monoparentais.

O día 5 de xuño de 2018 publicarase a relación das persoas beneficiarias coas estadías e quendas adxudicadas nas páxinas web https://www.xunta.gal/politica-social e www.familiasgalegas.org.

As prazas das quendas reservadas que non se cubran incluiranse na quenda xeral.
As familias acolledoras, numerosas e monoparentais que se presenten a unha quenda distinta da reservada para elas non terán ningunha preferencia.
Non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán na mesma residencia.

Estadías das persoas residentes

Residencia

Mes

Quenda

Tempada

Panxón

Xullo

Do 1 ao 10
Do 12 ao 20
Do 22 ao 30

Alta

Agosto

Do 1 ao 10
Do 12 ao 20
Do 22 ao 30

Alta

Setembro

Do 1 ao 10

Alta

O Carballiño

Xullo

Do 1 ao 10
Do 12 ao 20
Do 22 ao 30

Alta

Agosto

Do 1 ao 10
Do 12 ao 20
Do 22 ao 30

Alta

Setembro

Do 1 ao 10

Alta

Documentos