Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Familia > Escolas infantí­s

FAMILIA

Escolas infantís


Qué son as escolas infantís?


As escolas infantís 0-3 son centros educativos que desenvolven o seu labor no primeiro ciclo da educación infantil, atendendo a nenas e nenos de 0 a 3 anos, proporcionando unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica, a través dun programa global que garante o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos e das nenas.

Qué servizos prestan?

- Atención educativa
- Servizo de comedor
- Horario amplo


Qué tipo de escolas hai en Galicia segundo a súa titularidade?


A rede autonómica de escolas infantís está integrada por:

En Galicia, ademais dos centros pertencentes á rede autonómica de escolas infantís existen outras escolas infantís públicas ou financiadas, total ou parcialmente, con fondos públicos, que son as seguintes:

Cómo se accede ás escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais?


As familias interesadas deberán presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido na resolución de adxudicación de prazas que se publica no Diario Oficial de Galicia.
Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e http://www.politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros nos que se solicite praza e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

A información  relativa ao procedemento poderase consultar na páxina web: http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos así como nos teléfonos: 
012, 981 185755, 982 294354, 988 386595, 986 817704, 981 545666.


As solicitudes de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As solicitudes de renovación de praza deberán presentarse en soporte papel na propia escola infantil ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cómo se accede ás escolas infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar?


As familias interesadas deberán  presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido na resolución da Xerencia do Consorcio cuxo anuncio se publica no Diario Oficial de Galicia.
Os impresos de solicitude facilitaranse nesta misma páxina ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (ver apartados de documentos e enlaces relacionados ao final desta páxina)
(http://www.igualdadebenestar.org).
As solicitudes xunto coa documentación requirida presentarase na escola infantil para a que se solicita praza, sen prexuízo do disposto nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015 citada.

 

Cómo se accede ás prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0-3 anos en escolas infantís de titularidade privada?

Quen pode acceder a estas prazas?

  • Os nenos e nenas escolarizados/as nunha praza concertada durante o curso 2017/2018, cuxa escola infantil sexa novamente adxudicataria servizo de educación infantil para os nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.
  • Os nenos e as nenas de novo ingreso cun/ha irmán ou irmá que renove praza concertada para o curso 2018/2019.
  • Os nenos e nenas solicitantes de praza de novo ingreso nunha escola infantil 0-3 da Rede de Escolas Infantís Autonómica para o curso 2018/2019 que queden en lista de agarda.
  • As nenas e os nenos que figuren en lista de agarda da escola infantil municipal de Monforte de Lemos.

Cal é o procedemento para solicitar unha praza?

Para solicitar praza, tanto de renovación coma de novo ingreso, presentarase cuberto o modelo oficial (anexo I) da citada orde que se pode atopar nos seguintes enderezos: https://sede.xunta.gal e http://xunta.gal/politica-social así como nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

A persoa solicitante deberá acompañar a solicitude da documentación complementaria seguinte:

a) Anexo II, relativo á comprobación de datos do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso.
b) No caso de ser familia numerosa, título de familia numerosa, só no caso de non ser expedido pola administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Certificado de discapacidade do neno ou da nena, só no caso de non ser expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, de ser o caso.

Lugar e prazo de solicitude:

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formula­rio normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Opcionalmente poderán presentarse as solicitudes de maneira presencial en calquera dos rexistros e lugares establecidos na normativa de procedemento administrativo común.
2. O prazo para presentar as solicitudes comprende dende o 14/09/2018 ao 04/10/2018.

Prezos das prazas:

As familias usuarias dunha praza nunha das escolas infantís obxecto desta orde aboarán mensualmente á escola infantil a cota que, en aplicación dos prezos públicos fixados na normativa reguladora vixente, lle corresponda segundo a renda per cápita de unidade fa­miliar e os descontos aplicables en cada caso.

Publicación das listas de persoas adxudicatarias e matrícula:

As listas de persoas adxudicatarias faranse públicas a partir do día 15 de outubro de 2018 nos taboleiros de anuncios das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como no enderezo electróni­co https://xunta.gal/politica-social Unha vez concedida a praza deberá realizarse a matrícula na es­cola infantil na que lle foi adxudicada mediante o modelo oficial que estará dispoñible no enderezo electrónico https://xunta.gal/politica-social, na escola infantil na que se lle adxu­dicou e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social. A copia da matrícula hai que remitila, no prazo de cinco ( 5 ) días, contados desde a recepción da resolu­ción de adxudicación de praza, as Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da xefatura territorial da súa provincia.

A formalización da matrícula é imprescindible para confirmar a praza.


Requisitos para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís da rede Autonómica.

  • Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
  • Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil na que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2018. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.

A relación de documentación necesaria para solicitar praza nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, pódese consultar na Guía do Cidadán  

Requisitos novo ingreso Axencia
Requisitos novo ingreso Consorcio
Prezos 


Os prezos que deberán pagar as persoas usuarias serán os establecidos no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís dependentes da Consellería de Política Social.
Cómo se accede ás escolas infantís municipais?
Para acceder ás escolas infantís municipais deberán dirixirse á escola infantil para a que desexen solicitar praza ou ao concello correspondente.
Cómo se accede ás escolas infantís dependentes de entidades privadas de iniciativa social?

Para solicitar praza nas escolas infantís dependentes de entidades privadas de iniciativa social, deberán dirixirse á escola infantil na que se desexe solicitar praza.

Cómo se accede ao Bono Concilia?


O Bono Concilia é un programa de axudas económicas directas ás familias para colaborar no pago dunha praza nunha escola infantil privada da súa elección, naqueles casos de nenos ou nenas que queden en lista de espera nas escolas infantís públicas ou financiadas con fondos públicos, ou residan en localidades nas que non existen prazas públicas.

Aquelas persoas solicitantes que desexen optar ao Bono Concilia deberán cubrir o apartado correspondente na solicitude de praza pública e asinar as declaracións responsables recollidas no anexo específico para candidatos/as ao Bono Concilia. Aquelas outras persoas que residan en localidades nas que non existen prazas públicas deberán presentar a súa solicitude nos prazos establecidos na orde anual de convocatoria.

 

Documentos relacionados

 

Rede galega de escolas infantís

Web das escolas infantis de Galicia

Recursos, eventos, actividades, novas, blogs, ...