Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Discapacidade > Accesibilidade > Comisión técnica de accesibilidade

ACCESIBILIDADE

Comisión técnica de accesibilidade


Comisión Técnica de Accesibilidade

A Comisión Técnica de Accesibilidade ten por obxectivo impulsar o cumprimento da normativa sobre promoción de accesibilidade e eliminación de barreiras da Comunidade Autónoma e tamén resolver as dúbidas que poidan xurdir sobre a interpretación de calquera aspecto da normativa na súa aplicación práctica, emitindo ditames ao respecto.

Así mesmo, a Comisión (CTA) é o órgano competente para a tramitación dos expedientes sancionadores e fai as propostas de resolución de sancións aos órganos colexiados competentes, tal e como establece o artigo 70, da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.

  

Consultas sobre accesibilidade

 Para solicitar información, consultar dúbidas ou presentar denuncias, calquera persoa, entidade, institución ou asociación representativa dos colectivos de afectados, pode dirixirse a:


Comisión Técnica de Accesibilidade

Xunta de Galicia
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: comisionaccesibilidade.politicasocial@xunta.es

 

 

discapacidade

 

Código de accesibilidade

Código accesibilidade

É necesario incorporar ó máximo os principios do deseño para todos, xa que sobre as súas bondades existe un acordo xeral.