Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Maiores > Servizo de proximidade > Centros de dí­a

SERVIZOS DE PROXIMIDADE

Centros de Día

Este recurso social é o mellor marco para a práctica terapéutica coas persoas potencialmente usuarias e para o apoio ás familias coidadoras, promovendo a máxima que orienta todas as políticas sociais actuais neste sector, a do mantemento das persoas maiores no seu contorno.

A comunidade profesional no eido da xerontoloxía evidencia a imperiosa necesidade da implantación dun recurso cuantitativa e cualitativamente inexistente na realidade Galega: os Centros de Día para persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela.

A nosa realidade sociodemográfica lévanos a debuxar un marco de atención centrado, aínda que non en exclusividade, no medio rural galego, onde a prevalencia de persoas maiores é máis sobresaínte e a inexistencia de recursos especializados notoria.

Os Centros de Día defínense como centros xerontolóxicos socio-terapeúticos e de apoio ás familias que durante o día prestan atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual.

 

Documentos relacionados

 

Teleasistencia