Play

Estratexia
galega
de atención
á soidade
non desexada

Galicia responde. Galicia acompaña.

A soidade non desexada afecta cada vez máis a vida dos galegos e galegas, un fenómeno que se intensifica debido á maior esperanza de vida da poboación.

Combatela converteuse nun auténtico reto para Galicia e, por iso, xa están en marcha medidas e recursos sociais para que toda persoa que viva ou se sinta soa se saiba arroupada, viva onde viva, e sexan cales sexan as súas circunstancias persoais, sociais ou económicas.

CENTRAL DE ATENCIÓN Á SOIDADE NON DESEXADA

900 830 831

A soidade é unha emoción humana común pero cando se prolonga no tempo pode afectar o noso benestar físico e emocional. Non hai que afrontala sen apoio.

A Xunta de Galicia habilitou unha central multicanle de atención, da man de Cruz Vermella, que funciona ininterrompidamente para escoitar, acompañar e axudar a quen o precise.

Un teléfono gratuíto e confidencial no que sempre se atopa resposta e entendemento.

Detectar,
empatizar,
previr
e actuar

Tecer unha rede contra a soidade non desexada é de vital importancia como individuos e como sociedade.

Galegos, galegas, institucións, empresas, concellos… reaccionar e combatela xuntos nos fai máis humanos, porque a soidade existe e doe. É silenciosa e por iso detectar os sinais é fundamental para poder actuar.

DETECTAMOS

As relacións cotiás supoñen o mellor “sistema de alarmas” para identificar casos de soidade non desexada: traballadores e traballadoras sociais, coidadores e coidadoras do SAF, farmacias, carteiras e carteiros, entidades veciñais, comercios e establecementos…

Con toda esta información de proximidade estanse a elaborar un protocolo de actuación e un censo específico para identificar, rexistrar e facer seguimento dos casos detectados.

PREVIMOS

Coidar de quen sempre nos coidou, estar pendente dos que nos rodean e detectar os sinais de alerta é vital para poder actuar antes de que o fenómeno apareza, favorecendo as relacións sociais e a participación activa.

Actividades interxeracionais, programas de acompañamento dixital e maior presenza no día a día dos nosos axudará a previr as situacións de soidade.

EMPATIZAMOS

Facer partícipe a toda a sociedade desta realidade é o primeiro paso para abordala.

A través de formación específica nos centros educativos, campañas informativas xerais e recoñecemento aos referentes profesionais neste eido, a soidade deixará de ser un problema duns para converterse nunha responsabilidade de todos.

INTERVIMOS

Apoiar e acompañar as persoas que sofren soidade non desexada, para superar a súa situación, pasa por apoiar iniciativas colaborativas como o a cohousing e o coliving, fomentar voluntariados específicos para traballar con persoas en soidade e crear coordinadores en barrios e parroquias que sirvan de intermediarios coa Administración para, entre todos, achegarlles os recursos e as axudas máis adaptados á súa situación.

Un xesto pequeno pode cambiar unha vida:

Unha chamada, unha visita, unha conversa.

Todos podemos facer algo.

ESTRATEXIA GALEGA DE ATENCIÓN Á SOIDADE NON DESEXADA
Galicia responde. Galicia acompaña.