Inicio > Recursos > Plans e programas > Programa Mentor

Programa Mentor

O Programa Mentor nace no ano 1998 como un programa de inserción laboral e na actualidade ten un obxectivo mais amplo, xa que trata de preparar para a vida autónoma e independente a aqueles mozos e mozas que se atopan baixo o sistema de protección da Xunta de Galicia e próximos a cumprir a maioría de idade.

Que é?
O Programa Mentor pretende a inserción sociolaboral de mozos e mozas maiores de 16 anos, tutelados pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é mellorar a calidade de vida destes mozos por medio dun proxecto individualizado que lles garantice unha inserción laboral e unha capacitación para a vida independente, de maneira que ao acadar a maioría de idade poidan ser
plenamente autónomos. Na actualidade está a ser desenvolvido polo Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (IGAXES3) e financiado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar.

Para quen?
Está dirixido a mozos e mozas maiores de 16 anos tutelados ou ex tutelados, en garda ou conflicto social que queiran voluntariamente incorporarse ao mundo laboral. Tamén poden beneficiarse do programa os mozos e mozas que xa acadaran a maioría de idade, ata os 21 anos.

Como funciona?
Traballamos mediante a realización consensuada co mozo ou moza dun proxecto individualizado de inserción laboral, que o dote de estratexias e ferramentas de capacitación para a inserción laboral: formación en habilidades básicas, formación, itinerarios de inserción…

Ademais da inserción laboral en si, o programa enmarca o traballo dentro dunha formulación básica de axuda á promoción humana e desenvolvemento integral de todas as persoas que se
atopan en situación de precariedade