Inicio > Recursos > Plans e programas > Programa de integración familiar

Programa de integración familiar

Cada ano, arredor de 140 familias galegas participan activamente nun proxecto de integración de deseño particular en cada caso que pretende, nun prazo aproximado de dous anos, acadar o obxectivo dunha convivencia normalizada no contexto familiar

Que é?
O Programa de integración familiar (PIF) comezou de xeito experimental en 1992, e xa desde 1994 estase a desenvolver nas catro provincias galegas.
Lévase a cabo en colaboración con Meniños, Fundación para a Infancia, e o Ministerio de Sanidad y Política Social
Como os demais dispositivos da consellería, o PIF forma parte da rede de recursos dispoñibles para axudar a que as familias sexan un entorno seguro e protector para os mais pequenos.   

Para quen?
Para os nenos, nenas ou adolescentes que, convivindo no seu fogar, se atopan nunha situación de risco, para corrixir esta situación e evitar que teñan que ser separados da familia.
Tamén para aqueles nenos, nenas e adolescentes que nalgún momento das súas vidas tiveron que ser internados en centros de acollida por teren sido maltratados ou sufrir calquera outra causa de desamparo, para conseguir que se reintegren nas súas familias.

Como funciona?
Os equipos técnicos de menores dos departamentos territoriais da consellería, xunto cos técnicos do programa, seleccionan as familias e os menores que participan neste.
Despois os equipos citados deseñan e propóñenlle ás familias un proxecto de integración familiar que adoita ter unha duración aproximada de dous anos e no que se traballan distintas áreas como a intervención psicosocial, atención infantil, educación familiar, terapia familiar e actividades de reforzo impartidas por persoal voluntario.

Documentos relacionados