Inicio > Recursos > Plans e programas > Programa de Atención Ambulatoria

Programa de Atención Ambulatoria

Que é?   
É un programa de intervención con adolescentes que teñan en situación de desprotección ou conflito social, que se desenvolve en Vigo a través da entidade ACLAD Alborada.
 
Para quen?
Para adolescentes, mozos e mozas de entre 12 e 18 anos que teñan expediente de protección de menores ou se atopen en situación de conflito social, que estean a desenvolver condutas de risco relacionado  co consumo de drogas, amosen unha grave conflitividade ou problemas comportamentais, ou que cometan delictos e non proceda unha medida de responsabilidade penal por mor da súa idade

Como funciona?
Os equipos técnicos de menores, logo de valorar o caso derivan ao adolescente de que se trate ao programa, onde se lle presta unha atención especializada e individualizada desde o punto de vista psicolóxico e socioeducativo, sen que implique a separación do neno do seu núcleo familiar.