Inicio > Áreas > Maiores e dependencia > Que é a dependencia?

Que é a dependencia?

O estado de carácter permanente no que se encontran as persoas que, por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan a atención doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal.

Deben darse tres circunstancias para que unha persoa se encontre en situación de dependencia:

  • A existencia dunha limitación (física, intelectual ou sensorial) que mingua determinadas capacidades da persoa.
     
  • A incapacidade da persoa para realizar por si mesma as actividades da vida diaria.
     
  • A necesidade de asistencia por parte dunha terceira persoa.

A dependencia pode afectar a calquera persoa, sexa cal sexa a súa idade, malia, coa idade, aumentaren os problemas de saúde e, con eles, as posibilidades de atoparse en situación de dependencia.

Persoas Beneficiarias

Poden acollerse ás prestacións e servizos da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás personas en situación de dependencia todos os cidadáns do Estado español que se encontren en situación de dependencia e que leven residindo no territorio estatal cando menos cinco anos, dous deles inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

Tamén son beneficiarios da Lei os menores de tres anos que presenten graves discapacidades.

Os emigrantes retornados terán dereito aos servizos asistenciais do catálogo de atención á dependencia, en igual contido e intensidade que o resto dos cidadáns. Adicionalmente, o goberno  poderá establecer medidas de protección a prol daqueles cidadáns non residentes no territorio do Estado.

A atención de persoas dependentes que sendo residentes no Estado carezan de nacionalidade española rexerase polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se estableza co país de orixe.

Quen é persoa dependente?

Unha persoa está en situación de dependencia cando con carácter permanente e por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade, e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan a atención doutra ou doutras persoas ou de axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, precisan doutros apoios para a súa autonomía persoal.

As actividades básicas da vida diaria son as tarefas máis elementais da persoa que lle permiten desenvolverse cun mínimo de autonomía e independencia e que están referidas:

  • Ao coidado persoal (asearse, lavarse, controlar as necesidades de micción e defecación e utilizar o servizo, vestirse, comer e beber) os labores domésticos básicos (facer a compra, ocuparse das comidas, limpeza, lavado e pasado de roupa; mantemento da casa...).
  • Á mobilidade esencial (cambiar e manter diversas posicións do corpo; erguerse, deitarse, permanecer de pé ou sentado; desprazarse dentro do fogar ou polo contorno...).
  • Ás funcións básicas mentais ou intelectuais (recoñecer persoas e obxectos; orientarse; entender e executar ordes e tarefas sinxelas...).
Graos nos que se clasifican as situacións de Dependencia

Na valoración das persoas establécense graos de dependencia que determinan a cantidade e tipo de axuda que se necesita doutra persoa.

Hai tres graos de dependencia:

  • Grao I. Dependencia moderada: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria, polo menos, unha vez ao día ou ten necesidades de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía funcional.
  • Grao II. Dependencia severa: cando a persoa precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non quere o apoio permanente dun coidador ou ten necesidades de apoio extenso para a autonomía funcional.
  • Grao III. Gran dependencia: cando a persoa precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola súa perda total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial precisa do coidado indispensable e continuo doutra persoa ou ten necesidade de apoio xeneralizado para a súa autonomía funcional.

O grao de dependencia dunha persoa pode revisarse en función da melloría ou empeoramento da súa situación de dependencia.

Os accesos ás prestacións realizarase de xeito progresivo de acordo co seguinte calendario:

  • Ano 2007: persoas valoradas en grao III, gran dependencia, niveis 1 e 2.
  • Ano 2008 e 2009: persoas valoradas en grao II, dependencia severa, nivel 2.
  • Ano 2009 e 2010: persoas valoradas en grao II, dependencia severa, nivel 1.
  • Ano 2011 ata o 31/12/2011: persoas valoradas en grao I, dependencia moderada, nivel 2, e se lles recoñecera a concreta prestación.
  • A partir do 1 de xullo do ano 2015: ao resto de persoas que foron valoradas no grao I, dependencia moderada, nivel 2, e as persoas valoradas en grao I, dependencia moderada, nivel 1.
Contías para as persoas beneficiarias con grao recoñecido (Ano 2015)

Grao e nivel de dependencia

Libranza vinculada á adquisición de servizos

Libranza de coidados no contorno

Libranza de asistente persoal

Euros/mes

Contía

Contía

Contía

 

Grao III

 

715,07€

 

387,64€

 

715,07€

Grao II

 

426,12€

 

268,79€

 

426,12€

 

Grao I

 

300,00€

 

153,00€

 

300,00€

Complemento nivel adicional da C.A

Grao III

 

 

-Contía nivel adicional ata 1.300€
-Complemento adicional do 15% da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación.

Grao II

 

 

-Contía nivel adicional ata 1.300€
-Complemento adicional do 15% da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación.

Procedemento de solicitude

O procedemento de recoñecemento das situacións de dependencia e acceso ao catálogo de recursos do sistema desenvólvese no Decreto 15/2010 e na Orde do 2 de xaneiro de 2012 e ten dúas fases ben diferenciadas:

  1. Unha primeira fase para valorar ao solicitante e recoñecerlle, se é o caso, o grao de dependencia.
  2. E unha segunda fase na que se resolve un Programa Individual de Atención a través do que se lle garantiza á persoa dependente o acceso a un servizo de atención ou prestación económica segundo o catálogo de recursos.

1ª Fase: Recoñecemento da situación de dependencia

O procedemento iníciase na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social que corresponda co lugar de residencia do solicitante, poidendo ser entregada a solicitude en calquera dos rexistros con portelo único.

A Comunidade Autónoma Galega determinou os órganos de valoración da dependencia constituídos por equipos interdisciplinares, integrados por médicos, psicólogos, traballadores sociais e diplomados en ciencias da saúde (terapeutas ocupacionais e fisioterapeutas) que emiten, unha vez estudados os informes, unha proposta-ditame sobre o grado e nivel de dependencia coa especificación dos coidados que a persoa poida requirir.

Realizada a valoración do solicitante, a Xefatura Territorial emite unha resolución na que se recoñece a situación de dependencia e se determinan os servizos e prestacións que lle corresponden.

2º Fase: Resolución do Programa Individual de Atención

A resolución do Plan Individual de Atención (PIA) determina, de entre os servizos e prestacións económicas previstas na resolución para o seu grado e nivel, aqueles que son máis adecuadas ás necesidades da persoa en situación de dependencia