Inicio > Áreas > Inclusion Social > Servizos sociais comunitarios > Sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSS)

Sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSS)

O SIUSS por definición, é o Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais. É unha aplicación informática que desenvolve a Ficha Social, sendo exclusiva dos Servizos Sociais. E un soporte documental técnico para os profesionais de traballo social que está instalado en todos os concellos de Galicia. Neste soporte figurará a información necesaria para realizar unha intervención social como resposta a unha Demanda  Social.

Este sistema converteuse dende os seus inicios e ao longo da súa traxectoria nun soporte documental básico para todas/os as/os profesionais que traballan no eido do traballo social en Concellos.  É propiedade intelectual do Estado, e foi cedida a través dun convenio de cooperación asinado o 7 de xuño de 1994 entre o Ministerio de Asuntos Sociais e a Xunta de Galicia.

A través desta ferramenta as/os traballadoras/es sociais recollen datos significativos das persoas usuarias de Servizos Sociais, sempre e cando exista unha intervención profesional como reposta  a unha demanda. Cumpriméntanse os datos que sexa preciso en función do tipo de intervención realizada, garantindo en calquera caso a confidencialidade dos datos das persoas usuarias.  Estes  datos recollidos agrúpanse en catro apartados: persoais, socio-familiares, do entorno, e da propia intervención social.

O SIUSS como ferramenta facilita a utilización de grandes cantidades de información e permite a explotación inmediata dos datos. Isto facilita dun xeito inmediato o coñecemento das necesidades detectadas nun entorno concreto ou nunha poboación determinada e a posterior adaptación das intervencións profesionais e os recursos a utilizar na poboación onde se quere intervir.

O compromiso da nosa Comunidade Autónoma é coordinar a transmisión de información recollida nesta ferramenta informática de todos os Servizos Sociais Comunitarios (dos Concellos) dende a Administración Autonómica á estatal.