Inicio > Áreas > Inclusion Social > Servizos sociais comunitarios > Historia Social Unica Electrónica: HSUE

Historia Social Unica Electrónica: HSUE

A historia social única electrónica (HSUE) é o conxunto de información e documentos en formato electrónico nos cales se conteñen os datos, as valoracións e as informacións sobre a situación e a evolución da atención social das persoas usuarias do sistema galego de servizos sociais ao longo do seu proceso de intervención, así como a identificación dos/as profesionais e dos servizos ou prestacións que interviñeron sobre este. (leer máis: e aparece o desplegable da información que segue)

Dende a administración faise preciso adaptar as novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a fin de poder optimizar os recursos tamén a nivel asistencial.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou no mes de abril de 2013 o Plan Trabe para a modernización tecnolóxica dos servizos sociais. Coa integración das tecnoloxías da información e da comunicación na xestión dos servizos sociais, a Administración autonómica busca mellorar a súa eficiencia para garantir a sustentabilidade do sistema e incrementar a súa capacidade para dar cobertura a unha demanda de atención en aumento.  E nese contexto, a Consellería de Política Social e a Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica de Galicia desenvolveron o  sistema da historia social única electrónica (HSUE).

HSUE permite que os/as profesionais dos servizos sociais poidan dispor dunha visión global e integrada de toda a información social do/a usuario/a, e tamén das ferramentas para explotar e analizar esa información co fin de aplicalas no eido preventivo. Tamén facilita o acceso da persoa usuaria ao seu expediente.  Con esta ferramenta intégrase nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social da persoa e facilita a coordinación entre todos os axentes que participan na prestación de servizos sociais. 

A HSUE deberá ser única por persoa usuaria do sistema galego de servizos sociais na Comunidade Autónoma e deberá conter a necesaria información para documentar o proceso de intervención social da persoa usuaria.

Fará referencia á identificación da persoa usuaria e dos/as profesionais, ás valoracións técnicas no ámbito dos servizos sociais, ás posibles intervencións sociais e ao posible seguimento do caso. En particular, incluirá os aspectos relacionados coas necesidades de atención, os programas, servizos e/ou prestacións que recibe a persoa usuaria e a información que se dispón dela necesaria para decidir a modalidade de intervención adecuada.

A apertura da HSUE corresponderá a/ao profesional de referencia da persoa usuaria nos servizos sociais comunitarios que lle corresponda como primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais. Non obstante, tamén se poderá levar a cabo nos servizos sociais especializados cando o acceso ao sistema galego de servizos sociais se produza directamente a través destes.

En todos os casos quedará plenamente garantido o dereito da persoa usuaria á súa intimidade persoal e familiar, polo que o persoal que acceda a calquera dato gardará o correspondente segredo profesional.