Poboación xitana
A Estratexia Sectorial de Inclusión Social da Poboación Xitana en Galicia 2014-2020 constitúe o marco integrado para a orientación, programación e desenvolvemento de medidas dirixidas á integración social e laboral da poboación xitana na Comunidade Autónoma de Galicia.
A estratexia, que se enmarca e forma parte da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 (ver o capítulo 9 desta), integra obxectivos e prioridades, non só no ámbito dos Servizos Sociais, senón tamén nas áreas denominadas clave (Educación, Saúde, Vivenda, Emprego) que operan outros departamentos da Xunta de Galicia.
- Subvencións a corporacións locais
-
A través da convocatoria de subvencións dáse apoio económico ás corporación locais para o desenvolvemento de programas de emerxencia social e inclusión social, incluíndose, entre outros, programas de carácter específico dirixidos á comunidade xitana.
- Subvencións a corporacións locais:
- ORDE do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 a 2021 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020) (código de procedemento BS623C).
- ORDE do 24 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).
- Subvencións a corporacións locais:
- Subvencións a entidades de iniciativa social
-
A través desta convocatoria de subvencións se da apoio económico ás entidades de iniciativa social que desenvolven programas na área de actuación dos servizos sociais comunitarios e inclusión social, incluídos os programas de inclusión sociolaboral dirixidos á poboación xitana.
- Subvencións a entidades de iniciativa social
- ORDE do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).
- ORDE do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).
- Subvencións a entidades de iniciativa social
- Programa Acceder
-
A través deste programa a Fundación Secretariado Xitano, coa colaboración da Consellería de Política Social, está a desenvolver accións dirixidas ás minorías étnicas para promover a inclusión social a través de políticas activas centradas na loita contra a discriminación (Programa Operativo Estatal de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 do Fondo Social Europeo).
As ditas accións abordan materias de formación profesional ocupacional, orientación laboral, acompañamento no acceso ao emprego, accións de sensibilización dirixidas a empresarios e entes públicos, e estudos e metodoloxías para aplicar aos programas.
O Programa Acceder dispón de cinco dispositivos de intervención, coa finalidade de realizar accións de acollida, orientación, acompañamento e acceso de minorías étnicas, preferentemente á formación e ao emprego. Estes dispositivos -situados nos concellos da Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela- atenden á poboación destes concellos e da súa área de influencia.
Tamén se desenvolven accións de asesoramento e apoio para o impulso de políticas sociais máis activas con estas comunidades, dirixidas aos concellos e ás entidades sociais que traballan directamente con estes colectivos.
Obxectivos
O obxectivo xeral do programa é a mellora da capacidade de inserción e incorporación das minorías étnicas no mercado de traballo e o impulso de políticas sociais máis activas coa mesma, constituíndo obxectivos específicos:
- A inserción de persoas novas despedidas e en situación de exclusión social, con relevancia dos mozos entre dezaseis e vinte cinco anos
- O fomento dos servizos de proximidade e os empregos e ocupacións vinculadas a estas actividades que poidan repercutir na mellora das condicións de vida destes colectivos
- a capacitación dos beneficiarios nunha profesión ou oficio
- A inserción laboral dos beneficiarios a través do adestramento en habilidades e técnicas de busca de emprego
- Consejo de Eliminación de la Discriminación Racial o Étnica
-
Se cres que fuches vítima dunha discriminación e tes dúbidas sobre qué deberías facer, ponte en contacto con calquera dos centros da Rede de centros de asistencia a vítimas de discriminación.
- Actualidade
-
Nas seguintes ligazóns, pode atopar noticias de actualidade sobre a poboación xitana: plans, informes, estudos, actividades...