Inicio > Áreas > Inclusion Social > Proxectos e formación

Proxectos e formación

Neste apartado poden consultarse, por unha banda, as actividades formativas que se están a desenvolver no ámbito dos servizos sociais comunitarios e da inclusión social, e por outra banda, dous proxectos innovadores relacionados coa dinamización dos territorios en situación de exclusión territorial e a creación de ferramentas de valoración das situacións de exclusión.

Actividades formativas (2019 - 2021)

Formación do persoal dos servizos sociais comunitarios

Plan de formación dos servizos sociais comunitarios

Desde a Dirección Xeral de Inclusión Social considérase fundamental a formación dos/das profesionais dos Servizos Sociais comunitarios, sendo esta imprescindible para conseguir un mellor desenvolvemento do sistema de servizos sociais, xa que son estes profesionais o piar máis importante no que se basea o sistema de servizos sociais comunitarios. 

A formación continua permite, por un lado, a adquisición de coñecementos necesarios para levar a cabo as tarefas profesionais con mais rigor e seguridade, e por outro permite o debate, o intercambio de coñecementos, opinións das distintas perspectivas da realidade social entre os profesionais.

Deste xeito, dende a Consellería de Política Social, organízanse diferentes actividades administrativas dirixidas ao sector dos servizos socias, financiadas pola Administración Xeral do estado ao longo do ano,  presenciais e a distancia, todas elas relacionadas cos servizos sociais comunitarios.  Planifícanse polo tanto diversas accións formativas nos eidos: de servizos sociais xerais, dos servizos sociais específicos, sobre o Sistema de Información aos Usuarios (SIUSS) e sobre a Historia Social Única (HSUE).
Cada un dos plans de formación anuais pretende completar e mellorar a formación de todas as persoas profesionais dos servizos sociais das corporacións locais.

Formación sobre o Sistema de Información aos Usuarios (SIUSS) para o 2º semestre 2018
Dentro do plan de formación de servizos sociais comunitarios que promove o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, e organiza a Consellería de Política Social van realizarse 2 xornadas formativas sobre SIUSS, de 5 horas de duración, en Santiago de Compostela, os días 19 e 21 de novembro de 2018.

Máis información

Curso de formación 2019

O financiamento europeo destinado aos Servizos Sociais. As claves do financiamento, o seu procedemento de xestión

Santiago de Compostela, 28, 29 e 30 de outubro de 2019

Xornadas e obradoiros

A Dirección Xeral de Inclusión Social organiza actividades formativas sobre temas relacionados co ámbito da inclusión social, dirixidas aos profesionais das administracións públicas, os colexios profesionais e as entidades de iniciativa social que traballan no sector, estando abertas ao público en xeral nos casos que así se indica na correspondente convocatoria.

Curso de formación 2021

Dende a Dirección Xeral de Inclusión social, en colaboración co Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, organizouse a seguinte acción formativa:

“ Protección de datos nos Servizos Sociais. Unha guía para profesionais”

Trátase dun curso en modalidade presencial organizado pola Dirección Xeral de Diversidade Familiar e Servizos Sociais do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 (22 horas lectivas).
Destinatarios: Personal de servicios sociales.
Lugar: Santiago de Compostela
Datas: 1, 2, 3 de decembro de 2021
Prazo de inscrición: ata o 21 de novembro.

 

Máis información: Ficha do curso

Proxecto Symbios

O Proxecto Symbios, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, puxo en relación as políticas de servizos sociais e de inclusión social co emprendemento e a loita contra a pobreza e a exclusión social nos territorios en situación de declive demográfico, entre os que teñen especial peso os de carácter rural.

Por mor da súa residencia, moitas persoas atopan máis dificultades para levar a cabo un proxecto de vida equiparable ao que sería posible noutras partes do territorio. A exclusión social atopa unha forte raizame no territorio e, máis alá do nivel individual, superar este feito require dunha intervención con perspectiva territorial.

Máis información

Proxecto INclúe

O “Proxecto INclúe: innovación para a inclusión social” está a ser desenvolvido pola entidade Emaús Fundación Social, en asociación coa Dirección Xeral de Inclusión Social e outras entidades que traballan pola inclusión.

O seu desenvolvemento busca facilitar a realización dunha valoración obxectiva e homoxénea das eventuais situacións de exclusión nun marco de colaboración, a través do manual e a ferramenta tecnolóxica INclúe.

Máis información

Xornada sobre a exclusión financeira: a conta de pago básica e o sobreendebedamento financeiro

Se celebrará o vindeiro día 17 en Santiago de Compostela, na EGAP

Programa

Xornada sobre a exclusión financieira