Inicio > Áreas > Inclusion Social > Axudas e prestacións > Pensións non contributivas (PNC)

Pensións non contributivas (PNC)

Son prestacións económicas que se recoñecen a aqueles cidadáns que:

  • Se atopen nunha situación de necesidade.
  • Carezan de recursos suficientes para a súa subsistencia nos termos legalmente establecidos.
  • Non cotizaran nunca ou non o fixeran durante o tempo suficiente para alcanzar as pensións contributivas.

Dentro desta modalidade, atópanse as seguintes pensións:

Pensións non contributivas de invalidez

A pensión por invalidez non contributiva consiste nunha prestación económica individualizada, de carácter periódico, para maiores de 18 anos e menores de 65 que teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% e non teñen recursos económicos suficientes.

A pensión para o ano 2024, é dun mínimo de 129,48 euros e un máximo de 517,90 euros por 14 mensualidades ao ano.

Normativa
  • Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 31 de outubro).
  • Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve en materia de pensións non contributivas a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas (integrada no Real decreto lexislativo anterior), (BOE do 21 de marzo).
  • Orde PRE/3113/2009, do 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación (BOE do 20 de novembro).
Requisitos PNC invalidez

Poderán ser beneficiarios da pensión non contributiva de invalidez as persoas de nacionalidade española e estranxeiros con residencia legal en España que cumpran os seguintes requisitos:

  • Idade: ser maior de dezaoito anos e menor de sesenta e cinco.
  • Residencia: residir en territorio español e facelo durante un período de cinco anos, dos cales dous serán consecutivos e inmediatamente anteriores á data de solicitude.
  • Discapacidade: grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes: existe carencia, cando as rendas ou ingresos de que se dispoña, en cómputo anual para o 2024, sexan inferiores a 7.250,60 € anuais.

Con todo, se son inferiores a 7.250,60 € anuais e se convive con familiares, unicamente se cumpre o requisito cando a suma das rendas ou ingresos anuais de todos os membros da súa Unidade Económica de Convivencia, sexan inferiores ás contías que se recollen a continuación.

Existe Unidade Económica de Convivencia en todos os casos de convivencia da persoa solicitante con outras persoas unidas con aquel por matrimonio ou por lazos de parentesco de consanguinidade ou adopción ata o segundo grao. O parentesco por consanguinidade ata o 2º grado alcanza a: pai/nai, avós/as, fillos/as, netos/as e irmáns/irmás da persoa solicitante

a)Convivencia só co seu cónxuxe e/ou parentes consanguíneos de 2º grao:

Nº convivintes

€/ano

2

12.326,02

3

17.401,44

4

22.476,86

 

b)Se entre os parentes consanguíneos cos que convive se atopa algún dos seus país ou fillos:

Nº convivintes

€/ano

2

30.815,05

3

43.503,60

4

56.192,15

Observacións ás pensións non contributivas de invalidez

O dereito á pensión non contributiva de invalidez non impide o exercicio daquelas actividades laborais, sexan ou non lucrativas, compatibles coa discapacidade do pensionista e que non representen un cambio na súa capacidade real para o traballo.

As persoas que con anterioridade ao comezo dunha actividade laboral viñesen percibindo PNC de Invalidez poderán compatibilizar o percibo da pensión cos ingresos derivados da actividade, durante os catro anos seguintes ao comezo da actividade, se a suma da contía anual da pensión que tivese recoñecida o pensionista e dos ingresos anuais que perciba ou prevexa percibir da actividade laboral non superen 14.450,60 €. No caso de exceder do devandito límite, a contía anual da pensión reducirase na contía necesaria para non excedelo. O límite indicado de 14.450,60 € é o resultado de sumar os importes anuais fixados en 2024 para o indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem), que se cifra en 7200,00 € e para a pensión de invalidez non contributiva, que é de 7.250,60 €.

A contía individual da pensión establécese en función do número de beneficiarios de pensión non contributiva integrados na mesma unidade económica de convivencia, dos ingresos persoais e/ou das persoas que integran a unidade económica, non podendo ser inferior dita contía a 1.812,65 € anuais, que se corresponde co 25 por 100 do importe íntegro para o ano 2024.

A contía individual da pensión non contributiva de invalidez establecida increméntase co complemento por necesidade doutra persoa sempre que se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 75 por 100, así como a necesidade do concurso doutra persoa para realizar os actos esenciais da vida. O importe deste complemento para o ano 2024 é de 3.625,30 € anuais.

Incompatibilidades

A pensión non contributiva de invalidez é incompatible coa PNC de xubilación, co Fondo de Asistencia Social (FAS) por vellez ou por enfermidade, co subsidio de garantía de ingresos mínimos, co subsidio de asistencia de terceira persoa da LISMI, coa condición de causante da asignación familiar por fillo a cargo con discapacidade e con calquera outra pensión de igual ou superior contía outorgada por calquera organismo público (INSS, MUFACE; ISFAS...).

En todo caso, poderase solicitar a pensión non contributiva, e o órgano xestor enviará unha notificación para que se elixa entre a pensión non contributiva e a prestación que se estea percibindo (FAS, LISMI, PF).

Así mesmo, no suposto de estar percibindo o subsidio por desemprego que non sexa a Renda Activa de Inserción, a contía do subsidio computarase como ingresos propios.

Actualización das pensións para 2024

O Real decreto-lei 8/2023, de 27 de decembro, polo que se adoptan medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo, así como para paliar os efectos da seca, establece a contía das pensións de invalidez e xubilación da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva, para o ano 2024 en 7.250,60 €/anuais, que se abonan en 12 mensualidades máis dous pagas extraordinarias ao ano.

Os pensionistas de PNC de invalidez cuxo grao de discapacidade sexa igual ou superior ao 75% e acrediten a necesidade do concurso doutra persoa para realizar os actos esenciais da vida, percibirán ademais un complemento do 50% dos 7.250,60 € anuais, fixado en 3.625,30 € anuais.

Contías básicas para 2024

Contía

Anual

Mensual

Íntegra

7.250,60 €

517,90 €

Mínima 25%

1.812,65 €

129,48 €

Íntegra máis incremento 50%

10.875,90 €

776,85 €

Cando dentro dunha mesma familia conviva máis dunha persoa beneficiaria dunha pensión non contributiva, a contía individual para cada un deles é a seguinte:

Nº beneficiarios

Anual

Mensual

2

6.163,01 €

440,22 €

3

5.800,48€

414,32 €

4

5.619,22 €

401,37 €

     
Obrigas dos pensionistas de invalidez na súa modalidade non contributiva

1. Comunicar ao Organismo que xestiona a súa pensión, no prazo máximo de 30 días desde a data na que se produza, calquera variación da súa situación de convivencia, estado civil, residencia, recursos económicos propios ou alleos computables por razón da convivencia, e cantas outras podan ter incidencia na conservación do dereito ou na contía da súa pensión.

2. Declaración anual de ingresos

Presentar no primeiro trimestre de cada ano (ata o 31 de marzo) unha declaración dos ingresos ou rendas da respectiva unidade económica de convivencia, referida ao ano inmediatamente anterior, así como as posibles variacións e previsións relativas ao ano en curso.

O formulario de declaración anual de rendas ou ingresos é remitido polo órgano competente da xestión destas pensións en función do domicilio do pensionista e este debe presentalo cumprimentado no primeiro trimestre do ano.

O incumprimento da obriga de presentar a declaración anual no prazo indicado da lugar á suspensión do pagamento da pensión. A rehabilitación do pagamento unicamente se producirá cando se presente a declaración anual e se acredite que continúa reunindo os requisitos legalmente establecidos para manter o dereito á pensión de invalidez, cunha retroactividade máxima de noventa días naturais a contar desde a data na que se presente a declaración e se acredite que reúne todos os requisitos esixidos.

No procedemento de revisión anual procédese a establecer a contía definitiva do ano anterior e determinar a contía para o ano en curso en base aos datos económicos e de convivencia declarados polo titular da pensión para ditos anos, así como regularizar os importes da pensión percibidos. Efectuada esta revisión, cuxo prazo máximo de resolución é o 31 de outubro, lle será notificada a regularización das contías cando existan modificacións.

Os importes que resulten indebidamente percibidos polo incumprimento das devanditas obrigas teñen que ser devoltos polos seus perceptores.

Solicitude dunha PNC de invalidez

Pensión non contributiva de invalidez – BS650A

sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650A

Onde solicitar unha PNC

A Coruña

Lugo

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

Espazo Amizar

Gregorio Hernández, 2

15011 A Coruña

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

Ronda da Muralla, 70

27071 Lugo

 

 

Ourense

 

Pontevedra

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

R/ Sáenz Díez, 33

32071 Ourense

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

R/ Concepción Arenal, 8

36201 Vigo (Pontevedra)

Pensións non contributivas de xubilación

A pensión por xubilación non contributiva consiste nunha prestación económica individualizada, de carácter periódico, para maiores de 65 anos que non poidan acollerse ao sistema contributivo de pensións e que non teñen recursos económicos suficientes.

A pensión para o ano 2024, é dun mínimo de 129,48 euros e un máximo de 517,90 euros por 14 mensualidades ao ano.

Normativa
  • Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 31 de outubro).
  • Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve en materia de pensións non contributivas a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas (integrada no Real decreto lexislativo anterior), (BOE do 21 de marzo).
  • Orde PRE/3113/2009, do 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación (BOE do 20 de novembro).
Requisitos PNC xubilación

Poderán ser beneficiarios da pensión non contributiva de xubilación as persoas de nacionalidade española e estranxeiros con residencia legal en España que cumpran os seguintes requisitos:

Idade: ter sesenta e cinco anos ou máis. Residencia: residir en territorio español e facelo durante un período de dez anos no período que media entre a data do cumprimento dos dezaseis anos e a do devengo da pensión, dos cales dous serán consecutivos e inmediatamente anteriores á data de solicitude. Carecer de rendas ou ingresos suficientes: existe carencia, cando as rendas ou ingresos de que se dispoña, en cómputo anual para o 2024, sexan inferiores a 7.250,60 euros anuais.

 

Con todo, se son inferiores a 7.250,60 € anuais e se convive con familiares, unicamente se cumpre o requisito cando a suma das rendas ou ingresos anuais de todos os membros da súa Unidade Económica de Convivencia, sexan inferiores ás contías que se recollen a continuación.

Existe Unidade Económica de Convivencia en todos os casos de convivencia da persoa solicitante con outras persoas unidas con aquel por matrimonio ou por lazos de parentesco de consanguinidade ou adopción ata o segundo grao. O parentesco por consanguinidade ata o 2º grado alcanza a: pai/nai, avós/as, fillos/as, netos/as e irmáns/irmás da persoa solicitante.

a) Convivencia só co seu cónxuxe e/ou parentes consanguíneos de 2º grao:

Nº convivintes

€/ano

2

12.326,02

3

17.401,44

4

22.476,86

b) Se entre os parentes consanguíneos cos que convive se atopa algún dos seus país ou fillos:

Nº convivintes

€/ano

2

30.815,05

3

43.503,60

4

56.192,15

Observacións ás pensións non contributivas

A contía individual da pensión establécese en función do número de beneficiarios de pensión non contributiva integrados na mesma unidade económica de convivencia, dos ingresos persoais e/ou das persoas que integran a unidade económica, non podendo ser inferior dita contía a 1.812,65 € anuais, que se corresponde co 25 por 100 do importe íntegro para o ano 2024.

Incompatibilidades

A pensión non contributiva de xubilación é incompatible co Fondo de Asistencia Social (FAS) por vellez ou por enfermidade, co subsidio de garantía de ingresos mínimos, co subsidio de asistencia de terceira persoa da LISMI, coa condición de causante da asignación familiar por fillo a cargo con discapacidade e con calquera outra pensión de igual ou superior contía outorgada por calquera organismo público (INSS, MUFACE; ISFAS...).

En todo caso, poderase solicitar a pensión non contributiva, e o órgano xestor enviará unha notificación para que se elixa entre a pensión non contributiva e a prestación que se estea percibindo (FAS, LISMI, PF).

Actualización das pensións para 2024

O Real decreto-lei 8/2023, de 27 de decembro, polo que se adoptan medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo, así como para paliar os efectos da seca, establece a contía das pensións de invalidez e xubilación da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva, para o ano 2024 en 7.250,60 €/anuais, que se abonan en 12 mensualidades máis dous pagas extraordinarias ao ano.

Contías básicas para 2024

Contía

Anual

Mensual

Íntegra

7.250,60 €

517,90 €

Mínima 25%

1.812,65 €

129,48 €

Cando dentro dunha mesma familia conviva máis dunha persoa beneficiaria de pensión non contributiva, a contía individual para cada un deles é a seguinte:

Nº beneficiarios

Anual

Mensual

2

6.163,01 €

440,22 €

3

5.800,48 €

414,32 €

4
5.619,22 €
401,37 €

...

...

...

Obrigas dos pensionistas de invalidez na súa modalidade non contributiva

1. Comunicar ao Organismo que xestiona a súa pensión, no prazo máximo de 30 días desde a data na que se produza, calquera variación da súa situación de convivencia, estado civil, residencia, recursos económicos propios ou alleos computables por razón da convivencia, e cantas outras podan ter incidencia na conservación do dereito ou na contía da súa pensión.

2. Declaración anual de ingresos

Presentar no primeiro trimestre de cada ano (ata o 31 de marzo) unha declaración dos ingresos ou rendas da respectiva unidade económica de convivencia, referida ao ano inmediatamente anterior, así como das posibles variacións e previsións relativas ao ano en curso.

O formulario da declaración anual de rendas ou ingresos é remitido polo órgano competente da xestión destas pensións en función do domicilio do pensionista e este debe presentalo cumprimentado no primeiro trimestre do ano.

O incumprimento da obriga de presentar a declaración anual no prazo indicado da lugar á suspensión do pagamento da pensión. A rehabilitación do pagamento unicamente se producirá cando se presente a declaración anual e se acredite que continúa reunindo os requisitos legalmente establecidos para manter o dereito á pensión de invalidez, cunha retroactividade máxima de noventa días naturais a contar desde a data na que se presente a declaración e se acredite que reúne todos os requisitos esixidos.

No procedemento de revisión anual procédese a establecer a contía definitiva do ano anterior e determinar a contía para o ano en curso en base aos datos económicos e de convivencia declarados polo titular da pensión para ditos anos, así como regularizar os importes de pensión percibidos. Efectuada esta revisión, cuxo prazo máximo de resolución é o 31 de outubro, lle será notificada a regularización de contías cando existan modificacións.

Os importes que resulten indebidamente percibidos polo incumprimento das devanditas obrigas teñen que ser devoltos polos seus perceptores.

Solicitude dunha PNC de xubilación

Pensión non contributiva de xubilación – BS650G

sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650G

Onde solicitar unha PNC

A Coruña

Lugo

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

Espazo Amizar

R/ Gregorio,Hernández, 2

15071 A Coruña

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

Ronda da Muralla, 70

27071 Lugo

 

Ourense

Pontevedra

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

R/ Sáenz Díez, 33

32071 Ourense

Xefatura Territorial de Política Social e Xuventude

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social

R/ Concepción Arenal, 8

36201 Vigo (Pontevedra)

Complemento por alugueiro a pensionistas non contributivos

Normativa
  • Real decreto-lei 8/2023, de 27 de decembro, polo que se adoptan medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo, así como para paliar os efectos da seca.
  • Lei 31/2022, de 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023.
  • Real Decreto 1191/2012, do 3 de agosto , polo que se establecen normas para o recoñecemento do complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva.
Requisitos complemento alugueiro

Poderán ser beneficiarias deste complemento as persoas que reúnan, á data da solicitude, os seguintes requisitos:

  • Ter recoñecida unha pensión de xubilación ou invalidez da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva, na data da solicitude e na da resolución.
  • Carecer de vivenda en propiedade.
  • Ser titular dun contrato de arrendamento da vivenda.
  • Non ter co arrendador da vivenda alugada relación conxugal ou de parentesco ata o terceiro grao nin constituír con aquel unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal.
  • Ter fixada a súa residencia, como domicilio habitual, nunha vivenda alugada. Entenderase que é o domicilio habitual cando a vixencia do arrendamento non sexa inferior a un ano e residise na mesma durante un período mínimo de 180 días anteriores á data da solicitude.

Se na mesma vivenda alugada conviven dúas ou máis persoas que tivesen recoñecida unha PNC, só terá dereito a este complemento aquel que sexa o titular do contrato de arrendamento ou, de ser varios, o primeiro deles.

Solicitude do complemento

Complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/os pensionistas da seguridade social na súa modalidade non contributiva – BS650F

sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650F

O prazo de solicitude deste complemento comeza o 1 de xaneiro e finaliza o 31 de decembro.

Contía do complemento para 2023

A contía anual do complemento prevista no apartado dous do artigo 44 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 (BOE núm. 308, do 24 de decembro) ascende a 525,00 €.