Orientación familiar
Prestación do servizo de orientación familiar
Definiremos a orientación familiar como un proceso de axuda, encamiñado a facilitar unha dinámica familiar positiva, a solución de problemas e a toma de decisións, ademais de potenciar e desenvolver os recursos familiares. Pretende fortalecer e enriquecer o benestar e a calidade de vida das persoas no seo familiar e da familia como grupo.
Tratará todos os problemas que poidan xurdir nunha familia e por extensión nos membros que a compoñen, destacando:
- Crises do ciclo vital da familia.
- Situacións de conflito.
- Viabilidade adaptativa do grupo familiar: apoio, protección e desenvolvemento.
E terá especial atención coa vulnerabilidade dos fillos.
Funcións:
- A nivel informativo, no senso de favorecer unha mellor comprensión do medio e dos recursos sociais a disposición da familia.
- A nivel educativo, proporcionando aos pais os medios necesarios para un desenvolvemento integral das súas funcións.
- A nivel de asesoramento ou preparación ante as distintas etapas ou situacións polas que pasan as familias no seu ciclo vital.
- A nivel de tratamento e solución de conflitos, co fin de superar os dinamismos disfuncionais das familias, facendo posible o seu progreso e a súa adaptación.
Ligazóns relacionadas: