Inicio > Áreas > Familia e infancia > Familias numerosas > Beneficios do título de familia numerosa

Beneficios do título de familia numerosa

Se tes unha familia numerosa ou tes pensado formar unha, debes saber que a Xunta de Galicia pon á túa disposición beneficios en todo tipo de ámbitos como a educación, o transporte, a vivenda ou no apartado impositivo. Nesta páxina poderás consultar o conxunto de axudas, vantaxes ou beneficios que che proporcionan as Administracións públicas.

Deduccións fiscais

Imposto sobre a renda das persoas físicas

Deducións estatais
  • Familia numerosa de categoría xeral: máximo de 1.200 euros
  • Familia numerosa de categoría especial: máximo de 2.400 euros

Na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas para adquisición da vivenda habitual:

  • Aplicación dun tipo reducido dun 3% na transimisión de inmobles que constitúan a vivenda habitual das persoas adquerintes. 
  • Dedución do 100% na cota íntegra do imposto cando a vivenda habitual adquirida atópese  en áreas rurais ou nalgunha das parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas.
Na modalidade de actos xurídicos documentados para adquisición da vivenda habitual:
  • Aplicacion dun tipo reducido dun 0,5% na transmisión de inmobles que constitúan a vivenda habitual das persoas adquirente. 
  • Dedución do 100% na cota íntegra do imposto cando a vivenda habitual adquirida atópese  en áreas rurais ou nalgunha das parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas.

Cando algunha das persoas que compoñen a familia numerosa, ás que se lles sexa aplicable o mínimo persoal ou familiar do imposto, teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, a dedución será de 500€ ou 800€ respectivamente.

 Máis información

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Esta contía incrementarase ata en 600€ anuais por cada filla/o que formen parte da familia numerosa que exceda do número mínimo de fillas/os esixido para que a dita familia adquira a condición de familia numerosa de categoría xeral ou especial.

 Máis información

Deducións no tramo autonómico
  • Familia numerosa de categoría xeral: máximo de 250 euros
  • Familia numerosa de categoría especial: máximo de 400 euros
Educación
  • Reducións das taxas na expedición de títulos e de prezos nas matrículas no ámbito educativo.
  • Preferencia na adxudicación de prazas nos centros sostidos con fondos públicos e nas convocatorias de bolsas de axuda ao estudo.
  • Incremento do 20 % na categoría xeral e 50 % na especial para beneficiarias ou beneficiarios por infortunio familiar cuberto polo seguro escolar.
  • Dereito ao subsidio por necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade para o transporte e comedor.
  • Preferencia na adxudicación de prazas e redución ou exención, segundo os casos, nas tarifas que tivesen que aboar nas escolas infantís públicas.
  • Preferencia na convocatoria de axudas para a atención de nenas e nenos de 0-3 anos en escolas infantís non sostidas con fondos públicos, a través do Bono Concilia.
  • Preferencia no acceso as prazas de residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e no acceso a prazas de colaboradoras ou colaboradores bolseiros para as ditas residencias.
  • Preferencia no acceso ás prazas de centros residenciais docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e no acceso a prazas de colaboradoras ou colaboradores bolseiros para os ditos centros.
  • Preferencia no acceso ás prazas residencia nos centros dependentes da Consellería do Mar, nas modalidades de: residencia en pensión completa, media pensión e xantar diario non regular.
Ocio e tempo libre
  • Redución dun 30 % sobre o prezo que resulte das estadías nas residencias de tempo libre da Consellería de Política Social.
  • Descontos nos prezos relativos ás actividades socioeducativas do programa Acción de verán promovidas pola Consellería de Política Social.
  • Descontos nos campamentos para persoas con discapacidade organizados pola Consellería de Política Social.
  • Bonificacións no prezo de entrada aos museos, auditorios e teatros de titularidade estatal.
  • Preferencia nos programas de turismo e termalismo para persoas con discapacidade ou maiores da Consellería de Política Social.
  • Redución do 20 % para a categoría xeral e 50 % para a categoría especial da cota de aboamento dos participantes nas viaxes de turismo e quendas de termalismo para persoas con discapacidade subvencionados polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO).
  • Estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas en Galicia, Programa montaña en familia.
Vivenda
  • Beneficios no acceso á vivenda: tanto para a adquisición como para o alugamento de vivenda recollidos nos plans e programas de vivenda tanto estatais como autonómicos.

Se ten dúbidas pode poñerse en contacto co Instituto Galego da Vivenda e Solo (981 541 982 e 981 541 981)

  • Dedución do 50 % no canon da auga. A dedución na cota por familia numerosa só poderá obterse na vivenda principal. E, de ser o caso, tamén gozarán dunha dedución do 50 % no coeficiente de vertedura.

Se ten dúbidas pode poñerse en contacto con Augas de Galicia (981 545 381)

  • Bono social: bonificación na factura eléctrica para persoas consumidoras domésticas que formen parte duna familia numerosa.

 Máis información

Transporte
  • Redución do 50% no imposto de matriculación dos automóbiles con capacidade entre 5 e 9 prazas.
  • Redución das tarifas de transporte por estrada (interurbano), ferrocarril, marítimo e aéreo (dependendo da categoría).
  • Descontos dun 20% para a categoría xeral e 50% para categoría especial, para aquelas persoas que formen parte dunha familia numerosa e sexan titulares dun contrato individual de tarxeta metropolitana de Galicia (TMG), que soliciten a alta na aplicación social da tarxeta metropolitana de Galicia (TMG) xestionada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

 Máis información

Outros beneficios sociais
  • Exención das taxas de expedición do DNI e dos pasaportes.
  • Redución ou exención das taxas de inscrición nos procesos selectivos ou listas de contratación para persoal da Administración da Xunta de Galicia.
  • Bonificación do 45 % nas cotas á Seguridade Social para a contratación de unha persoa coidadora ao servizo da familia, sempre que as dúas persoas proxenitoras ou unha, no caso de ser monoparental, exerzan unha actividade profesional por conta allea ou propia fóra do fogar ou estean incapacitadas para traballar.

Cando a familia numerosa ostente a categoría especial, non será necesario que ambas persoas proxenitoras desenvolvan calquera actividade retribuída fóra do fogar.

  • Incremento do límite de ingresos para ter dereito ás asignacións económicas da Seguridade Social por prestacións familiares.
  • Incremento da duración do subsidio por maternidade non contributivo: As nais traballadoras que non acrediten o período mínimo de cotización necesario para a prestación de maternidade, poderán recibir unha prestación económica por importe do 100% do IPREM durante 42 días, incrementándose en 14 días máis no caso de familias numerosas ou na que con tal motivo acade a dita condición.
  • Ampliación do período considerado como cotizado e do de reserva do posto de traballo no caso de excedencia por coidado de fillas ou fillos.
  • Abono mensual de xeito anticipado das deducións do IRPF por persoa contribuínte que forme parte dunha familia numerosa. No caso das familias de categoría xeral ata 1.200 € e no caso das de categoría especial ata 2.400 €.
Carné familiar galego

É unha tarxeta persoal e intransferible á disposición das persoas que compoñen unha familia numerosa coa que obteñen vantaxes ou descontos en diferentes establecementos colaboradores con este programa en Galicia.
Mais información nas seguintes web:

 Máis información

Taxas e prezos públicos municipais

As ordenanzas de taxas e prezos dos concellos recollen acotío tratamentos que teñen en conta a prestación de determinados servizos, entre os que cabe citar: o uso de piscinas e polideportivos municipais, centros cívicos, escolas infantís municipais, centros de ensino especializado, campamentos de verán, museos. Basicamente todas as medidas de apoio nas áreas citadas tenden a reducir, bonificar ou descontar as cantidades que cómpre abonar polos referidos servizos, atendendo ao número de persoas membros da unidade familiar.

       Para máis información, haberá que poñerse en contacto directo co concello.

IMPORTANTE
Para ter dereito aos beneficios é imprescindible ter o título de familia numerosa en vigor.