Inicio > Temas > Familia e infancia > Familias numerosas

Familias numerosas

Persoas beneficiarias

Para o recoñecemento da condición de familia numerosa, a unidade familiar deberá estar formada por unha ou dúas persoas ascendentes e tres ou máis fillas e/ou fillos, sexan ou non comúns aos dous ascendentes.

Considéranse numerosas as familias con dúas fillas e/ou fillos que se atopen nos seguintes supostos:

  • Cando unha das fillas e/ou fillos teña unha discapacidade ou se atope incapacitado para traballar.
  • Cando ambos os ascendentes teñan unha discapacidade ou se atopen incapacitados para traballar ou, como mínimo, unha delas teña un grao de discapacidade igual o superior ao 65 %.

Tamén terán a condición de familia numerosa as formadas por:

  • Tres ou máis irmás e/ou irmáns orfos de nai e pai ou dous maiores de 18 anos, se un deles ten unha discapacidade, conviven e teñen unha dependencia económica entre eles.
  • Dúas irmás ou irmáns orfos de nai e pai sometidos a tutela, acollemento ou garda, que convivan coa persoa titora, acolledora ou gardadora pero non ás súas expensas.
  • Nai ou pai separado ou divorciado con tres ou máis fillas e/ou fillos sexan ou non comúns, aínda que pertenzan a distintas unidades familiares, sempre que se atopen baixo a súa dependencia económica aínda que non convivan no domicilio conxugal.

(No caso de que non existira o acordo das persoas proxenitoras sobre as fillas e/ou fillos que se deban considerar na unidade familiar terase en conta o criterio da convivencia).

  • Nai ou pai con dous fillos ou fillas cando falecera a outra persoa proxenitora
Para a expedición do titulo
  • Impreso cuberto e asinado.
  • Fotocopia do DNI, NIE ou do permiso de residencia e/ou traballo de ambos cónxuxes, agás supostos de viuvez, se non se autoriza a consulta para obter do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a verificación dos datos do seu documento.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar.
  • No suposto de viuvez: certificado de defunción ou fotocopia do libro de familia onde estea rexistrado o falecemento.
  • No caso de separación ou divorcio: fotocopia da sentenza de separación ou divorcio e, de ser o caso, do convenio regulador. Se solicita o título de familia numerosa a persoa proxenitora que non convive coas fillas ou fillos, a persoa que ten a custodia deberá asinar o seu consentimento na solicitude e haberá que achegar ademais copia do seu DNI.
  • No caso de discapacidade ou incapacidade para o traballo dalgún membro: certificación expedida polo Equipo de Valoración de Incapacidades (EVI) do Instituto Nacional de Seguridade Social. No caso de certificacións emitidas polos Equipos de Valoración e Orientación (EVO) da Consellería de Política Social non é necesario a achega.
  • No caso de que a discapacidade corresponda a unha filla ou fillo maior de 21 anos, certificado de ingresos ou autorización para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria as certificacións relativas ao seu nivel de renda, salvo que percibisen pensión non contributiva por invalidez.
  • No caso de adopción ou acollemento familiar permanente: copia da resolución xudicial ou administrativa que a constitúa, salvo que fose expedida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
  • No caso de tutela: copia da resolución xudicial e certificado das pensións e prestacións percibidas se a persoa tutelada é maior de 21 anos, salvo autorización expresa para a súa consulta.
  • No caso de cidadáns españois que traballen en institucións españolas no estranxeiro, documentación acreditativa de estar inscritos no censo electoral de calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para a renovación

DOCUMENTACIÓN COMÚN A TODAS AS RENOVACIÓNS

  • Título de familia numerosa caducado.
  • Impreso cuberto e asinado.
  • Certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar.

NO SUPOSTO DE QUE AS PERSOAS TITULARES SEXAN ESTRANXEIRAS

  • supostos de viuvez, se non se autoriza a consulta para obter do Ministerio de Facenda e
    Administracións Públicas a verificación dos datos do seu documento.

  • Fotocopia do NIE ou do permiso de residencia e/ou traballo de ambos cónxuxes, agás
  • POR CAMBIO DO NÚMERO DE PERSOAS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

  • Copia do libro de familia.

POR ESTUDOS DAS FILLAS OU FILLOS DE MÁIS DE 21 ANOS

  • Fotocopia da matrícula do curso actual e da carta de pagamento ou, no seu defecto,
    certificado do centro onde figure o nome da alumna ou alumno, materia que estuda,
    curso académico.
  • No caso de que a filla ou fillo maior de 21 anos teña algún ingreso: certificado de
    ingresos ou autorización para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria as
    certificacións relativas ao seu nivel de renda. No suposto de que os ingresos aínda non
    estean contemplados no derradeiro exercicio facilitado pola AEAT, copia da vida laboral
    e as nóminas correspondentes ao último ano.


POR DISCAPACIDADE SUXEITA A REVISIÓN DAS FILLAS OU FILLOS MAIORES DE 21 ANOS

  • Certificación expedida polo Equipo de Valoración de Incapacidades (EVI) do Instituto Nacional
    de Seguridade Social. No caso de certificacións emitidas polos Equipos de Valoración e
    Orientación (EVO) da Consellería de Política Social non é necesario a achega.
  • No caso de que a discapacidade corresponda a unha filla ou fillo maior de 21 anos,
    certificado de ingresos ou autorización para solicitar da Axencia Estatal da
    Administración Tributaria as certificacións relativas ao seu nivel de renda, salvo que
    percibisen pensión non contributiva por invalidez.
Requisitos
  • As fillas e fillos deberán cumprir as seguintes condicións:
  • Ser solteiras ou solteiros e menores de 21 anos, a non ser que teñan unha discapacidade ou se atopen incapacitados para traballar. A idade poderase ampliar ata 25 anos se cursan estudos axeitados á súa idade e titulación ou encamiñados á obtención dun posto de traballo.
  • Convivir coa persoa ou persoas ascendentes.
  • Depender economicamente da persoa ou persoas ascendentes. Entenderase que teñen dependencia económica cando, no caso de ter ingresos, estes non sexan superiores no cómputo anual, ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente, salvo que percibise pensión non contributiva por invalidez (en cuxo caso non operará tal límite), ou contribúa ao sustento da familia nos supostos establecidos na lei.
  • As persoas integrantes da unidade familiar deberán:
  • Ser españolas o nacionais dun estado membro da Unión Europea ou dalgún dos restantes estados que formen parte do acordo sobre o Espazo Económico Europeo.
  • Ter a súa residencia en territorio español ou, de tela noutro estado membro da Unión Europea ou que sexa parte do acordo sobre o Espazo Económico Europeo e que, como mínimo, unha das persoas ascendentes da unidade familiar exerza unha actividade por conta allea ou por conta propia en España.
  • As persoas nacionais doutros países terán dereito ao recoñecemento de familia numerosa sempre que os membros beneficiarios residan en España nos termos establecidos na Lei orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, reformada pola Lei orgánica 8/2000, de 22 de decembro e a súa normativa de desenvolvemento.
Categoria

As familias numerosas clasifícanse en razón do número de fillas/os:

 Categoría especial:
  • As de cinco ou máis fillas/os

  • As de catro nos seguintes supostos:

    • Se como mínimo tres das/os fillas/os proceden de parto múltiple, adopción múltiple ou acollemento permanente ou preadoptivo múltiple.

    • Se os seus ingresos anuais, divididos polo número de persoas membros que compoñen a unidade familiar non superan en cómputo anual o 75% do IPREM, incluídas as pagas extraordinarias.

 Categoría xeral: O resto das unidades familiares.

Para estes efectos, cada filla/o con discapacidade ou incapacidade para traballar computa como dous co fin de determinar a categoría na que se clasifica a unidade familiar da que forma parte.

Normativa
  • Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE nº 277 do 19.11.2003)
  • Lei 52/2003, do 10 de decembro, de disposicións específicas en materia de Seguridade Social (BOE nº 296 do 11.12.2003)
  • Lei 40/2007, do 4 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social (BOE nº 291 de 5.12.2007)
  • Resolución da Dirección Xeral de Rexistros e Notariado de 31 de maio de 1984 pola que se regula a expedición do duplicado do libro de familia, en supostos de divorcio e separación (BOE do 15.09.1984)
  • Real decreto 1621/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE nº 15 do 18.01.2006)