Inicio > Temas > Familia e infancia > Escolas infantís > Listaxes de admitidos e de agarda

Listaxes de admitidos e de agarda

 

Listaxes provisionais de admitidos dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais 

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2021/22 (códigos de procedemento BS402A e BS402 F).

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2021/22 (código de procedemento BS402 B).

As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos cinco (5) días posteriores á data da exposición pública da relación provisional (do 11 de maio ao 15 de maio).

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva o día 31 de maio.

Listaxes definitivas de admitidos dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais 

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2021/22 (códigos de procedemento BS402A e BS402 F).

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2021/22 (código de procedemento BS402 B).

As persoas que obteñan praza dispoñerán, de 8 días hábiles para matricularse, do 1 ao 10 de xuño.

O impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa copia da cartilla de vacinación do neno ou nena, poden presentalo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivesen dita praza.

Listaxes do Consorcio

Listaxes provisionais

Listaxes definitivos