Inicio > Áreas > Familia e infancia > Adopción

Adopción

A adopción é unha medida de protección da infancia e adolescencia destinada a proporcionar un fogar permanente a un neno, nena ou adolescente que se atopa nunha situación de abandono ou desamparo. En Galicia, a entidade pública competente para tramitar os procedementos de adopción é a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia. Partindo do principio de interese superior do menor, o neno é o punto de partida deste proceso que culmina coa súa adopción.

Trátase de atoparlle a mellor familia aos nenos, nenas ou adolescentes, e non de atopar un neno para satisfacer a necesidade das familias. Por iso, a adopción é un proceso minucioso e meditado que ten como fin último o benestar do menor. Aquí podes ver as fases iniciais que ten o proceso de adopación:

FASES DO PROCESO DE ADOPCIÓN

Unha vez se acada a idoneidade para continuar o proceso de adopción, iníciase o procedemento para a adopción nacional ou para a adopción internacional. Aínda que non se pode manter abertos dous procedementos internacionais paralelos, si é posible ter á par un proceso nacional e outro internacional.

 MÁIS INFORMACIÓN

Organismos Acreditados para a Adopción Internacional (OAAI) en Galicia: