Censo de persoas con discapacidade
O censo de persoas con discapacidade de Galicia refírese ao conxunto de persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Serve de instrumento de planificación para elaborar as políticas de intervención na área da discapacidade.
A través deste censo pódese obter a seguinte información: tipo de discapacidade, física, psíquica e/ou sensorial; tipoloxías de diagnóstico por cada grupo de discapacidade (distribuídas en 21 diagnósticos); distribución territorial da poboación con discapacidade; a estrutura de idade desa poboación; a súa distribución por sexo ou por grao de discapacidade etc.
A poboación con discapacidade recoñecida en Galicia con data 31/12/2014 é de 214.248 persoas. A diferenza respecto á cifra correspondente ao ano 2013 (233.774 persoas) é debida en grande medida ás actuacións de mellora da calidade da base de datos desenvolvidas ao longo do ano 2014, que implicaron a eliminación de duplicados e de falecidos.
2019
2018
2017
2016
2015
2014
2013
2012