Inicio > Recursos > Publicacións > Guía para el uso responsable de las nuevas tecnologías

Guía para el uso responsable de las nuevas tecnologías

Categoria:

Resumen: 
Esta guía, coeditada pola Consellería de Política Social e a Fundación Ingada ten como obxectivo presentar as características do trastorno por déficit de atención e hiperactividad (TDAH) por facer un mal uso das novas tecnoloxías.
Autor: 
Diéguez Rodríguez, Ana, Cambeiro Díaz, Carolina, Vilas Debén, Natalia ; Ilustradora, Díaz Martínez, Encarnación
Órgano Editor: 
Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e Fundación Ingada
Ano de edición: 
2021

Idioma:

Área temática:

Publicación:

N. de páginas: 
110p.

Formato:

Tipo Doc:

Descripción: 

Nesta guía expóñense con claridade as razóns biolóxicas de porqué as persoas con TDAH teñen máis predisposición a abusar e facer mal uso das novas tecnoloxías, coa correspondente invasión da privacidade, á cal se dedica tamén un capítulo. É moi importante que se entenda a importancia das condicións e termos de cesión de información (a tendencia natural dunha persoa hiperactiva é aceptar sen mirar).
Hai capítulos dedicados aos usos máis frecuentes: os videoxogos, as redes sociais, nos cales, ademais de describilas, trata como se debe facer un uso correcto, os potenciais perigos e como evitalos, así como recomendacións de vida saudable dando alternativas divertidas e formativas.
A guía finaliza con moito material práctico e consellos práctico, de moito valor para as familias e educadores.
En definitiva, os principais obxectivos desta guía son presentar as características do trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) por facer un mal uso das novas tecnoloxías, definir e mostrar o funcionamento das redes sociais e videoxogos máis empregados e por último, dotar os adultos de ferramentas e estratexias que lles permitan educar e acompañar no uso saudable das novas tecnoloxías.

Compartir