Inicio > Recursos > Plans e programas > Xuntos polo Nadal 2023

Xuntos polo Nadal 2023

Esta iniciativa autonómica ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa dende o día 24 de decembro ata o día 7 de xaneiro, e no caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda ( do 24 de decembro ao 30 de decembro de 2023, ou do 31 de decembro ao 7 de xaneiro de 2024 se asi se solicita).

A convocatoria de 2023 conta con 270 prazas en repartidas entre as dúas residencias de tempo libre coas que conta a Consellería de Política Social e Xuventude

  1. A residencia de Panxón, situada no concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra, con 140 prazas para os solicitantes de A Coruña e Ourense

  2. E residencia do Carballiño, situada na provincia de Ourense, 130 prazas para os solicitantes de Pontevedra e Lugo

O programa de actividades é variado e está adaptado aos gustos e aos recursos tanto patrimoniais como culturais da zona. Inclúe propostas como actuacións musicais, sesións de cine, bailes, obradoiros, campionatos de cartas, excursións, sesións de risoterapia e de ximnasia entre outras moitas.

As persoas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos: ter 60 anos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes, estar empadroado nalgún concello galego, vivir só no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal, valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

O programa inclúe os seguintes servizos:

  1. Estancia na residencia durante 15 dias (14 noites)

  2. Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.

  3. Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.

  4. Actividades de animación sociocultural.

O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 8 de decembro . A solicitude deberá ir acompañada da declaración responsable e do informe social.