Inicio > Recursos > Plans e programas > Programa RECONDUCE

Programa RECONDUCE

 

Unión Europea

Que é?

O Programa Reconduce constitúe o marco integrado de coordinación dos servizos destinados a atender ás persoas e familias en risco ou situación de desafiuzamento da vivenda habitual, para darlles apoio, coa finalidade de:

  • Previr unha posible situación de desafiuzamento.
  • Evitar o desafiuzamento, se fose posible.
  • Se non se puidese evitar, paliar os seus efectos coa aplicación dos recursos axeitados a cada situación.

O risco de desafiuzamento, xa sexa pola imposibilidade do pagamento da renda de alugueiro ou da cota hipotecaria, sempre ten que referirse á vivenda habitual.

Para que?

Para reducir as situacións de vulnerabilidade económica e/ou social, e contribuír á mellora das condicións de vida das persoas e familias en risco de desafiuzamento da súa vivenda habitual.

Preténdese evitar o desafiuzamento, cando sexa posible; ou reducir os seus efectos, cando inevitablemente se acabe producindo.

Para quen?

Dende o programa, analízanse polo miúdo as circunstancias de cada situación para buscar, sempre de acordo coas persoas usuarias, a resposta más axeitada.
As medidas de apoio diríxense a dous grupos de intervención:

  • Familias en risco de desafiuzamento pola imposibilidade do pagamento das cotas hipotecarias:

Desenvólvense medidas de carácter preventivo, coa finalidade de reconducir a situación, e cando xa se prevé ou está iniciado un procedemento xudicial, o equipo técnico do programa realiza as intervencións necesarias coa finalidade de evitar o desafiuzamento da vivenda habitual (nomeadamente, a través da mediación coa entidade financeira para buscar solucións á posible perda da vivenda habitual).

  • Familias en risco de desafiuzamento polo non pagamento da renda do alugueiro:

Intervencións dirixidas a persoas cun proceso xudicial aberto por este motivo e mais á prevención dos desafiuzamentos.
Desenvólvense medidas tendentes á procura dunha solución para os casos nos que o dito proceso xudicial poida dar lugar a execución dun desafiuzamento.

Cando non sexa posible evitar o desafiuzamento, as accións desenvolvidas diríxense fundamentalmente a paliar as consecuencias da perda da vivenda, coa aplicación dos recursos existentes. Nestes supostos, acódese aos programas executados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, así como aos dos propios concellos, ademais de a outras prestacións que melloran as circunstancias de vulnerabilidade nas que poidan atoparse as persoas usuarias do Programa Reconduce.

Requisitos

Os requisitos xerais de acceso ao Programa son:

  • Atoparse en risco ou situación de desafiuzamento.
  • A vivenda afectada debe ser a vivenda habitual e a única que posúa ou teña alugada a unidade de convivencia e, en todo caso, terá que estar situada no territorio da comunidade autónoma de Galicia.
  • O titular da vivenda ou do contrato de arrendamento debe estar empadroado nalgún municipio de Galicia (en caso de existir varios titulares, polo menos, un deles).

Profesionais do programa

O persoal deste programa está formado por un equipo interdisciplinar integrado por técnicos especializados en dereito, economía-financeira, psicoloxía e traballo social, un dos cales exerce tamén funcións de coordinación. Ademais conta con persoal administrativo de apoio.

Préstase un asesoramento personalizado, axeitado a cada caso, e sempre de acordo coas familias usuarias, realízase unha análise pormenorizada de cada situación. Cando sexa preciso, facilítase un apoio psicosocial, redeséñase a economía familiar e aplícanse medidas concretas de mellora da situación, en coordinación con outros recursos e profesionais.

O persoal do programa Reconduce, en colaboración cos servizos sociais comunitarios dos concellos galegos, traballa de xeito coordinado para prestarlle a atención adecuada a cada caso e, se é necesario, realizar o seguimento que se requira.

Quen participa?

Este programa está financiado coa axuda do Fondo Social Europeo (FSE), e nel participan:

  • Varios departamentos da Xunta de Galicia. En concreto, cinco:
  • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • Consellería de Política Social.
  • Consellería de  Infraestruturas e Vivenda.
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria.
  • Consellería de Facenda.
  • Os Servizos Sociais Comunitarios dos concellos de Galicia.
  • Por outra banda, actúan como axentes colaboradores:
  • FEGAMP, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Consello Xeral do Poder Xudicial e as entidades financeiras.

Que servizos se prestan?

A través do programa, préstanse os seguintes servizos:

  • asesoramento xurídico e económico: que inclúe a realización de actuacións de mediación coa entidades financeiras, elaboración de informes patrimoniais e financeiros, estudos de viabilidade, cadros teóricos de amortización, atención de consultas...
  • atención social: apoio individualizado, coordinación e xestión dos recursos sociais dispoñibles,...
  • apoio psicolóxico: acompañamento no proceso de duelo e abandono do fogar, escoita activa,...
  • En caso necesario, asesoramento e apoio na busca de vivenda alternativa.

 
Para máis información:

  • Nos servizos sociais do teu concello
  • Nas Oficinas de asesoramento do Programa Reconduce.

Oficina Central do Programa Reconduce da Xunta de Galicia
programareconduce.politicasocial.santiago@xunta.gal
Telf.: 881 996 116
Rúa Madrid, 2-4 Primeiro andar-Edif. EGAP
15781 – SANTIAGO DE COMPOSTELA

Oficina Programa Reconduce A Coruña
programareconduce.politicasocial.coruña@xunta.gal
Telf.: 981 185 760
Xefatura Territorial de Política Social
Avda. Salvador de Madariaga, 9
15081 – A CORUÑA

Oficina Programa Reconduce Ferrol
programareconduce.politicasocial.ferrol@xunta.gal
Telf.: 981 337 211
Xefatura Territorial de Política Social
Praza Camilo José Cela, s/n
15481 – FERROL

Oficina Programa Reconduce Lugo
programareconduce.politicasocial.lugo@xunta.gal
Telf.: 982 294 970
Xefatura Territorial de Política Social
Ronda da Muralla, 70
27081 – LUGO

Oficina Programa Reconduce Ourense
programareconduce.politicasocial.ourense@xunta.gal
Telf.: 988 386 212
Xefatura Territorial de Política Social
Rúa Sáenz Díez, 33-baixo
32081 – OURENSE

Oficina Programa Reconduce Pontevedra
programareconduce.politicasocial.pontevedra@xunta.gal
Telf.:986 805 532
Xefatura Territorial de Política Social
Rúa Fernández Ladreda, 43-1º
36081 – PONTEVEDRA

Oficina Programa Reconduce Vigo
programareconduce.politicasocial.vigo@xunta.gal
Telf.: 986 817 360
Xefatura Territorial de Política Social
Rúa Concepción Arenal, 8
36281 – VIGO

Horario de atención ao público: de 9 a 14 horas.