Inicio > Recursos > Plans e programas > "Aulas I+I". Plan Proxecta 2016-2017

"Aulas I+I". Plan Proxecta 2016-2017

Logo Plan Proxecta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de convocar unha nova edición do Plan Proxecta para o curso escolar 2016/2017, e nesta ocasión a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade oferta o programa Aulas I+I”: aulas inclusivas e igualitarias.

Con este programa que se desenvolverá en 5 centros escolares seleccionados entre todos os solicitantes, preténdese achegar ao alumnado o coñecemento e a sensibilización sobre a situación das persoas con capacidades diferentes.

É por iso que os obxectivos do programa, Aulas I+I”: aulas inclusivas e igualitarias, son:

  • Reflexionar sobre as posibilidades e os atrancos do alumnado con capacidades diferentes na escola.
  • Potenciar que o alumnado sexa parte activa na toma de decisións.
  • Producir un cambio metodolóxico nas aulas, que dea cabida a todo o alumnado.
  • Formar o profesorado nos procesos de igualdade e dereitos das persoas con capacidades diferentes.
  • Coñecer experiencias escolares inclusivas de éxito na escola.

Para poder participar pódese consultar máis información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19760