Inicio > Recursos > Axudas > Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o 2011

Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o 2011

Data de inicio: 
15/02/2011
Fin del plazo de la solicitud: 
28/03/2011
  • Descrición:

    PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILLAS/OS MENORES DE TRES ANOS

  • Requisitos: 

    • Residir en Galicia.

    • Ter fillas/os menores de 3 anos (nados entre o 2-1-2008 e o 1-1-2011)

    • Que as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.

    • Que nin a persoa solicitante nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, por razón de ingresos obtidos durante o ano 2009, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

    • No caso de fillas/os adoptadas/os ou acollidas/os, entre o 31-12-2009 e o 31-12-2010, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

    • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, a persoa beneficiaria será o proxenitor que teña a custodia da/o menor.

  • Documentación necesaria: 

    A presentación da solicitude comportará a autorización para obter os datos do Ministerio de Política Territorial e administracións Públicas, da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda, para completar a documentación necesaria.

    E o cónxuxe ou parella poderá asinar unha autorización (no anexo I) para o mesmo fin. No caso de que a persoa solicitante e o seu cónxuxe ou parella non queiran autorizar a Consellería de Traballo e Benestar para obter os datos, deberán presentar a documentación correspondente xunto co resto da documentación. Novas solicitudes:

    • Copia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil das/os nenas/os menores de tres anos.

    • Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

    • No caso de separación, divorcio ou nulidade, copia da sentenza e do convenio regulador, de ser o caso.

    • Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

    • Copia da folla da cartilla de aforros ou certificación bancaria, na que figure o número de conta en que se desexe recibir o ingreso e na que deberá figurar como titular a persoa que asina a solicitude..

    • Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto. Solicitudes para persoas anteriormente beneficiarias: Para as persoas beneficiarias no ano 2010:

    • Solicitude cuberta 

    Solicitudes con modificación de datos respecto dalgún dos proxenitores con relación ao ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental correspondente:

    • En caso de nulidade, separación ou divorcio: copia da sentenza e do convenio regulador, de ser o caso.

    • No caso de ruptura de parellas: convenio regulador onde se recolla quen ten a garda e custodia dos/as menores, de non existir, poderase substituír por un informe dos servizos socias do concello

    • No caso de falecemento: certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 28 DE MARZO VIAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

    a) Vía escrita: A solicitude máis a documentación requirida presentarase na oficina de rexistro xeral do edificio administrativo San Caetano en Santiago de Compostela ou nos rexistros das delegacións territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, sen prexuízo do disposto no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    modelo de solicitude para recheo a man  galego castellano

    modelo de solicitude para cumprimentación no ordenador

    b) Vía telemática: Para presentar a solicitude da axuda de forma telemática, será necesario contar cun certificado dixital ou un DNI electrónico para identificarse.

    Presentación Telemática

    De escoller esta maneira deberán cubrir o modelo de autorización del cónyuge o pareja

Documentos relacionados