Inicio > Node > Nova

Nova

Cristina Pichel visita as instalacións do campamento xuvenil da Devesa e do albergue xuvenil Area de Viveiro

Cristina Pichel, no campamento xuvenil da Devesa

Ribadeo (Lugo), 6 de febreiro de 2019.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá ao campamento xuvenil da Devesa, en Ribadeo, para comprobar de primeira a man o estado das instalacións deste complexo ao que cada verán acoden centos de rapazas e rapaces a desfrutar de diferentes actividades multiaventura.

Así mesmo, Cristina Pichel tamén se achegou ao Espazo Xove de Viveiro e ás instalacións do albergue xuvenil Area, no que en 2018 se levaron a cabo diferentes actuacións de acondicionamento que supuxeron un investimento superior aos 45.000 euros.