A Xunta acompaña á artista bueuesa Nerea Cordeiro na inauguración da súa nova exposición

Esta moza gañou o terceiro premio do programa Xuventude Crea nas edicións de 2022 e 2023 na especialidade de artes plásticas

A Xunta acompaña á artista bueuesa Nerea Cordeiro na inauguración da súa nova exposición

Bueu (Pontevedra), 10 de febreiro de 2024

A Xunta acompañou á artista bueuesa Nerea Cordeiro na inauguración da súa nova exposición ‘Sobre debuxar, fiar e habilitar’ que tivo lugar no Jonkon Café desta localidade pontevedresa. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiron á estrea.

Esta moza gañou o terceiro premio do programa Xuventude Crea na especialidade de Artes Plásticas en 2022 pola súa obra escultórica ‘Inhabitable’ e repetiu tamén terceiro premio en 2023 pola creación pictórica ‘Cidades telaraña’. A directora xeral lembrou que esta iniciativa trata de dar a coñecer o talento e a creatividade da xuventude. Neste sentido, destacou que ademais dun premio en metálico, este programa permite darlles a seguridade e a motivación para emprender o seu proxecto artístico.