A Xunta impulsa a continuidade formativa da poboación xitana a través do programa ‘Promociona’

O Goberno galego achega 133.000 euros a esta iniciativa, que atende a máis de 300 rapaces e rapazas

Os participantes neste programa reciben orientación educativa, acompañamento individualizado e clases de apoio e reforzo
 

 A Xunta impulsa a continuidade formativa da poboación xitana a través do programa ‘Promociona’

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2023. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, salientou esta tarde que a Xunta de Galicia impulsa a continuidade formativa da poboación xitana a través do programa Promociona. Fíxoo esta tarde durante unha visita que realizou á sede de Fundación Secretariado Xitano, onde tivo oportunidade de manter unha reunión cos seus representantes.

 

Jacobo Rey subliñou que os participantes neste programa reciben orientación educativa, acompañamento individualizado e clases de apoio. Para levar a cabo a iniciativa o Goberno galego destina 133.000 euros para atender a máis de 300 rapazas e rapaces.

 

Este programa comezou a implantarse en Galicia no curso escolar 2008-2009 na localidade de Pontevedra. Na actualidade desenvólvese, co apoio da Xunta de Galicia, nos concellos da Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol.

 

Os destinatarios de Promociona son alumnos e alumnas do último ciclo de Educación Primaria -5º e 6º cursos- e de Secundaria Obrigatoria –de 1º a 4º de ESO-.O programa tamén procura a implicación dos familiares para conseguir o éxito educativo dos menores