A Xunta apoia a iniciativa da Asociación San Xerome da Guarda para crear fogares inclusivos no antigo colexio das Carmelitas

A Xunta apoia a iniciativa da Asociación San Xerome da Guarda para crear fogares inclusivos no antigo colexio das Carmelitas

A Guarda (Pontevedra), 29 de novembro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe no inicio dunha campaña posta en marcha pola Asociación San Xerome que ten como obxectivo recadar fondos para acondicionar ata 30 fogares inclusivos no antigo colexio das Carmelitas da Guarda.

O lema desta campaña de crowdfunding é `Yo Soy FoGaRes SaNXe’ e o seu comezo coincide co GivingTuesday, movemento internacional que nace como resposta solidaria ao Black Friday para incentivar as boas accións das persoas. A Asociación de San Xerome é unha entidade que traballa no ámbito da discapacidade intelectual e que ofrece servizos profesionais para favorecer o crecemento persoal, a integración sociolaboral e a igualdade de oportunidades deste colectivo.