A Xunta anima os veciños de Ourense a visitar o mercado de Nadal organizado por Aspanas

A Xunta anima os veciños de Ourense a visitar o mercado de Nadal organizado por Aspanas

Ourense, 23 de novembro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá o mercado de Nadal organizado pola Asociación de pais a favor das persoas con Discapacidade de Ourense Aspanas, onde animou os veciños a coñecer o traballo realizado polos usuarios desta entidade.

 

O director xeral destacou o importante papel das entidades sociais na axuda ás persoas con discapacidade por atender ás súas necesidades e por dar visibilidade ás súas reivindicacións. Neste sentido, apuntou que o Goberno galego seguirá apoiando as súas iniciativas o próximo ano 2023 a través duns orzamentos que se incrementan nun 16% en materia de discapacidade ata os 165 millóns de euros.