A Xunta reúnese cos directores das residencias públicas áutonómicas de maiores

A Xunta reúnese cos directores das residencias públicas áutonómicas de maiores

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo esta mañá no Complexo Administrativo de San Caetano unha reunión cos directores das residencias públicas autonómicas de maiores.

 

Este encontro da Dirección xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria coas respectivas direccións das residencias públicas da Xunta serviu para poñer en común os obxectivos estratéxicos a corto e medio prazo e tamén para coñecer as principais inquedanzas dos traballadores do sector.