A Xunta pon en valor o traballo de Faxpg de cara a mellorar a vida das persoas maiores con discapacidade auditiva

A Xunta pon en valor o traballo de Faxpg de cara a mellorar a vida das persoas maiores con discapacidade auditiva

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo unha reunión con representantes da directiva da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), para abordar posibles colaboracións.

 

Antón Acevedo subliñou o traballo que realiza cada día Faxpg para mellorar a calidade de vida de todas as persoas con discapacidade auditiva. Máis en concreto, o director agradeceulle o papel que realiza coas persoas de máis idade para garantir a súa autonomía.