Galicia acolle a comisión técnica de actividades e campos de voluntariado xuvenil que reúne a todas as comunidades

Galicia acolle a comisión técnica de actividades e campos de voluntariado xuvenil que reúne a todas as comunidades

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, deu a benvida hoxe aos técnicos participantes de todas as comunidades autónomas, así como do Instituto de la Juventud (Injuve), na comisión técnica de actividades e campos de voluntariado xuvenil que se organiza estes días en Galicia. Así mesmo, aproveitou para destacar a necesidade de que España siga sendo referente nas actividades de ocio educativo e de tempo libre grazas ao traballo de todas as comunidades, impulsando así máis e mellores oportunidades para a mocidade. 

 

Este comisión anual é itinerante. Este ano é a Xunta de Galicia quen acolle o encontro no que profesionais do ámbito da xuventude de toda España farán balance das actividades deste 2022 e planificarán diferentes aspectos da campaña de verán do próximo. As diferentes sesións de traballo, que se están levando a cabo no Hotel Puerta del Camino de Santiago, estenderanse ata o mércores.