A Xunta celebra o centenario de Emérita Reija, usuaria da residencia pública autonómica de Campolongo

A Xunta celebra o centenario de Emérita Reija, usuaria da residencia pública autonómica de Campolongo

Pontevedra, 16 de novembro de 2022 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá na residencia de Campolongo na celebración do aniversario de Emérita Reija Reija, usuaria deste centro da Xunta que cumpre cen anos. No acto, familiares, persoal do centro e outros residentes homenaxearon a Emérita en recoñecemento dunha longa vida de esforzos e dedicación.

O Goberno galego seguirá a reforzar os programas e servizos dirixidos á atención das persoas maiores para garantir que teñan acceso a todos os coidados que necesitan e onde eles desexen, xa sexa na súa contorna ou nun centro, para aqueles que precisan dunha atención de maior intensidade. Con este fin, os orzamentos de 2023 na área de maiores suben un 4 % con respecto a este ano, ata acadar a cifra récord de 438 millóns de euros.