A Xunta felicita a Íntegro polos seus 30 anos na procura dunha sociedade máis xusta para as persoas con discapacidade

A Xunta felicita a Íntegro polos seus 30 anos na procura dunha sociedade máis xusta para as persoas con discapacidade

Cabana de Bergantiños (A Coruña), 12 de novembro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe ao 30 aniversario da Asociación Íntegro, en Cabana de Bergantiños, onde felicitou a entidade e puxo en valor a súa traxectoria na procura dunha sociedade máis xusta para as persoas con discapacidade.

 

O director xeral lembrou a confianza depositada polo Goberno galego nas entidades sociais de Galicia por ter demostrado ser quen mellor coñece as necesidades das persoas con discapacidade. A Xunta incrementará o vindeiro ano nun 16% os orzamentos a esta materia ata os 165,2 millóns de euros para seguir reforzando esta colaboración e para ofrecerlles a todas estas persoas un futuro mellor.