A Xunta asiste ao xantar de confraternidade con persoas maiores de Boiro

A Xunta asiste ao xantar de confraternidade con persoas maiores de Boiro

Boiro (A Coruña), 11 de novembro de 2022 O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe ao xantar de confraternidade coas persoas maiores de Boiro celebrado no pavillón de Barraña. Durante o encontro destacou a importancia de recuperar este tipo de eventos que serven de punto de encontro dos veciños da zona.

 

O director xeral lembrou a aposta do Goberno galego polos coidados de proximidade, que lles permiten ás persoas maiores manter un ritmo de vida activo e recibir coidados adaptados ao carón das súas casas. Neste sentido, destacan programas como o Coidados porta a porta, que leva servizos a todos os concellos galegos; as máis de 100 casas do maior que existen en toda a comunidade, ou os programas de voluntariado sénior.